A Copa Xunta de Rugby 2016 foi a vixésimo sétima edición do torneo de rugby por eliminatorias organizado pola Federación Galega de Rugby. A ausencia da maior parte dos equipos levou a que a organización consistise unicamente en semifinais e final, con catro clubs involucrados: Os Ingleses Rugby Club, o Pontevedra Rugby Club, o Club de Rugby Fendetestas e o Club de Rugby Lalín.

A final, disputada no Campo Municipal de Monte Porreiro o día das Letras Galegas, rematou cun resultado de 19 a 7 a prol dos Ingleses R.C. de Vilagarcía de Arousa, que gañaron este torneo por primeira vez na súa historia.

Cadro masculino

Finais Categoría sénior masculina: Ingleses 19-7 Pontevedra Categoría sénior feminina: Vigo 22-5 Lalín Categoría sub-18: Ingleses 30-17 Vigo Categoría sub-14: Vigo 52-5 Ingleses Dos títulos para el Vigo Rugby en Pontevedra, artigo en Atlántico Diario. Notas

Véxase tamén Outros artigos

2016 Categoría:Rugby en 2016