En zooloxía denomínanse palpos a diferentes órganos sensoriais presentes en diversos grupos de invertebrados.

Artrópodos Os palpos son apéndices sensoriais dos artrópodos.

Insectos Nos insectos serven para examinar os alimentos. Están situados na armadura bucal, no lateral externo das maxilas (palpos maxilares)palpo maxilar (Arthropoda:Insecta) en Garrido, Carlos (1997). e no labio (palpos labiais).palpo labial (Arthropoda:Insecta) en Garrido, Carlos (1997).

Quielicerados

Nos arácnidos existen uns apéndices análogos denominados pedipalpos, que son o segundo par de apéndices do prosoma (cefalotórax).

Nos picnogónidos denomínase palpo sensitivo a cada un dos membros do segundo par de apéndices destes animais, constituídos por até dez artellos, situados a continuación dos quelíceros (cando existen), na base da probóscide ou trompa, e que teñen función táctil.palpo (sensitivo), en Garrido, Carlos (1997).

Moluscos bivalvos No moluscos bivalvos chámase palpo labial a cada unha das dobras ou lóbulos móveis en forma de aba que flanquean internamente a boca dos protobranquios, e que realizan, grazas aos cilios da súa superfici, a selección das partículas alimenticias introducidas na cavidade paleal pola probócide.palpo labial (Molluisca:Bivalvia) en Garrido, Carlos (1997).

Poliquetos Nos vermes anélidos poliquetos, os palpos son cada un dos dous apéndices laterais, curtos, grosos e de forma cónica, dirixidos cara a adiante, situados no prostomio, e que posúen numerosos órganos táctiles.palpo (Annelida:Poltychaeta) en Garrido, Carlos (1997).

No caso particular da familia dos espiónidos, denomínanse palpos cada un dos dous longos apéndices musculosos derivados do prostomio, derivados do prostomio e dirixidos cara a adiante, que semellan tentáculos e cos que o verme captura as partículas alimenticias.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.

Outros artigos Maxila Labio (artrópodos) Pedipalpo

Categoría:Anatomía animal Categoría:Termos zoolóxicos