Sulpicio o Pío, finado en 647, foi un bispo franco, bispo de Bourges dende 624 até o seu pasamento. É venerado como santo na Igrexa católica.
Biografía Naceu probablemente en Vatan, nunha familia da nobreza. Logo de ser ordenado sacerdote, entrou como capelán na corte dos francos de Clotario II.
Coa morte de santo Austrexesilio, foi elixido bispo de Bourges. Completou o proceso de cristianización dos seus fregueses, erradicando o paganismo e convertendo aos xudeus. Partecipou no concilio de Clichy de 627, e foi mestre de Remaclo e Desiderio de Cahors, posteriormente venerados tamén como santos. Desiderio de Cahors foi consagrado bispo por Sulpicio, e del escribiu unha Vita.
Opúxose ás tentativas hexemónicas de Dagoberto I, defendendo os privilexios da súa diocese. Dedicouse á atención aos pobres e enfermos da súa diocese, converténdose en obxecto da devoción popular xa antes do seu pasamento: a tradición conta que os seus funerais tiveron que ser atrasados para permitir a unha grande multitude render homenaxe aos seus restos mortais.
Culto No Martiroloxio Romano é lembrado deste xeito no 17 de xaneiro:
É titular do seminario e da igrexa de San Sulpicio de París, e patrón dos padres sulpicianos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Bispos entre 451 e 1054 Categoría:Bispos católicos de Francia