A dos remipedios (Remipedia) unha pequena clase de crustáceos.
Na actualidade, os remipedios representan un grupo relativamente pequeno dentro dos crustáceos; ademais son unha clase diferente da orde dos nectiópodos, que tamén teñen forma de verme.
Son organismos raros porque posúen características primitivas canda outras propiedades avanzadas.
Estes organismos vivos puidérose achar por primeira vez vivos nunha cova das illas Bahamas.
Características As especies primitivas posuían ocelos, pero os remipedios actuais non teñen ollos, e son de cor branca e transparentes, debido ás súas adaptacións aos ambientes das augas subterráneas onde habitan.Diminutos, poden alcanzar até 3 mm de lonxitude. O seu corpo está divido en dúas partes, céfalon (con escudo cefálico) e tronco, fraccionado en 32 segmentos, algúns deles repetidos; o primeiro segmento está fusionado coa cabeza e presenta un par de maxilípedos prensores, ademais presentan un par de apéndices aplanados. As antenas son birrámeas, e os outros apéndices birrámeos (endopodio e exopodio) teñen forma de paleta; persentan tamén pequenos epipodios, un estómago con cegos dixestivos distribuídos en series, e posúen un labro amplo e un cordón nervioso. As mandíbulas internas áchanse nunha especie de cámara, chamada atrium oris, e posúen maxílulas, que usan como unha especie de arpón para inxectar veleno ás súas presas, e teñen un telson con ramas caudais fusionado co último segmento. Neste grupo non hai dimorfismo sexual, e son hermafroditas. pois os gonóporos femininos encóntranse no segmento 7 do tronco e os poros masculinos no segmento 14. Estes organismos presentan unha larva definida, a larva naupliar, a pesar de que a maioría destes crustáceos que viven en covas teñen un desenvolvemento directo, o único que diferencia aos xuvenís dos adultos, é que no seu estado xuvenil o tronco encóntrase menos divido en segmentos.
Locomoción Os remipedios nadan en augas densas co dorso cara a abaixo, lentamente, debido ao batido metacrónico dos apéndices do tronco, algo similar fan os anostráceos, que posúen máis de trinta pares de apéndices nadadores. O seu segundo par de antenas utilízano como condutor das correntes de auga, e os apéndices torácicos sempre están en movemento, incluso se o animal se encontra en estado de repouso.
Filoxenia
As análises filoxenéticas baseadas en datos morfolóxicos suxiren que os remipedios poden ser os crustáceos actuais máis primitivos, mentres que os datos moleculares non son moi claros neste tema.
Os Remipedia e os Cephalocarida forman un clado denominado Xenocarida. Os xenocáridos propuxéronse como o clado irmán dos Hexapoda.
Hábitat e distribución miniatura|300px|Distribución dor remipedios. As poucas especies actuais descubertas destes organismos encontráronse en covas con conexiones co mar en 1979 por Yager, por exemplo na conca Caribeña, no océano Índico, nas illas Canarias e en Australia.
A auga destas covas encóntrase estratificada, cunha capa de auga doce por riba doutra de auga salgada.
Non son estritamente preeiros, e poden capturar facilmente ás súas presas grazas ao arpón (maxílulas) que posúen. A substancia que inxectan é unha especie de pigmento respiratorio de transporte de oxíxeno prexudicial para as súas presas, pero aparentemente non causa maior efecto nas persoas.
O seu primeiro par de antenas utilízano como medio olfactivo para detectaren peixes mortos.
Clasificación: Ordes, familias e xéneros Segundo o WoRMS a clase conta con dúas ordes, unha delas extinta, coas familias e xéneros que se relacionan a continuación:Remipedia no WoRMS. Orde Enantiopoda † Birshtein, 1960 Familia Tesnusocarididae † Brooks, 1955 Enantiopoda † no WoRMS. Orde Nectiopoda Schram, 1986 Nectiopoda no WoRMS. Familia Cryptocorynetidae Hoenemann, Neiber, Schram & Koenemann in Hoenemann, Neiber, Humphreys, Iliffe, Li, Schram & Koenemann, 2013 Xénero Angirasu Hoenemann, Neiber, Schram & Koenemann in Hoenemann, Neiber, Humphreys, Iliffe, Li, Schram & Koenemann, 2013 Xénero Cryptocorynetes Yager, 1987 Xénero Kaloketos Koenemann, Iliffe & Yager, 2004 Familia Godzilliidae Schram, Yager & Emerson, 1986 Xénero Godzilliognomus Yager, 1989 Xénero Godzillius Schram, Yager & Emerson, 1986 Familia Kumongidae Hoenemann, Neiber, Schram & Koenemann in Hoenemann, Neiber, Humphreys, Iliffe, Li, Schram & Koenemann, 2013 Xénero Kumonga Hoenemann, Neiber, Schram & Koenemann in Hoenemann, Neiber, Humphreys, Iliffe, Li, Schram & Koenemann, 2013 Familia Micropacteridae Koenemann, Iliffe & van der Ham, 2007 Xénero Micropacter Koenemann, Iliffe & van der Ham, 2007 Familia Morlockiidae García-Valdecasas, 1984 Xénero Morlockia García-Valdecasas, 1984 Familia Pleomothridae Hoenemann, Neiber, Schram & Koenemann in Hoenemann, Neiber, Humphreys, Iliffe, Li, Schram & Koenemann, 2013 Xénero Pleomothra Yager, 1989 Familia Speleonectidae Yager, 1981 Xénero Lasionectes Yager & Schram, 1986 Xénero Speleonectes Yager, 1981 Familia ? Xénero Xibalbanus Hoenemann, Neiber, Schram & Koenemann in Hoenemann, Neiber, Humphreys, Iliffe, Li, Schram & Koenemann, 2013</small>
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Boxshall, G. (2001): "Remipedia", en: Costello, M. J. et al. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0. Koenemann, S.; Schram, F. R.; Hönemann, M. & Iliffe, T. M. (2006): "Phylogenetic analysis of Remipedia (Crustacea)". Organisms diversity & evolution, 7 (1): 33-51. PDF. Yager, J. (1981): "Remipedia, a new class of Crustacea from a marine cave in the Bahamas". Journal of Crustacean Biology 1 (3): 328-333.
Outros artigos Crustáceos
Ligazóns externas Remipedia no WoRMS. Class Remipedia Yager 1981 en Fossilworks. Remipedia Yager, 1981 no ITIS. Remipedia na ADW. Remipedia na EOL. Remipedia en Tree of Life. Remipedia no NCBI. Remipedia - a small class apart en World Remipedia Database Remipedia University of California. Museum of Palenontology
Categoría:Crustáceos