José Barreiro Álvarez, nado en Baiona en 1878 e finado no mesmo concello o 19 de decembro de 1937, foi un farmacéutico, empresario e político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Barreiro e Juana Álvarez de Blas, dunha acomodada familia baionesa. Estudou farmacia. En 1908 xa formara parte da primeira directiva da Sociedade de mariñeiros e pescadores A Anunciada. Foi nomeado xuíz de paz en xullo de 1911. Foi un dos propietarios do forno de cal situado na praia da Ladeira de Baiona. Chegou á alcaldía por primeira vez no bienio 1921 a 1923. Anos despois tivo distintos cargos de asociacións baionesas, entre elas o de vicepresidente do Liceo Recreativo con Ulpiano Nogueira como presidente. En outubro de 1933 era o contador na Unión Regional de Derechas do Val Miñor. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936, o 25 de xullo, foi nomeado presidente da Xestora Municipal de Baiona. Deixou o cargo de alcalde de Baiona en 1937 por problemas de saúde, sendo nomeado para o no seu posto Ricardo Agustí Sanjuán. Faleceu pouco despois, o 19 de decembro de 1937.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Montepío en Bayona" 16/9/1908 .
Categoría:Alcaldes de Baiona Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Baiona Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos