A N-555 é unha estrada nacional que vai desde Redondela até o aeroporto de Peinador.

Denominación Adoptou esta denominación en xullo de 1988Ley 25/1988, de 29 de julio, de Carreteras, no BOE n° 182 de 30 de xullo de 1988 ., que considera de interese xeral as estradas que levan a aeroportos. Correspóndese coa antiga estrada PO-321, da que conserva varios fitos quilométricos. A súa nomenclatura actual, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Traxecto Parte da estrada N-550 ao seu paso pola vila de Redondela, nunha rotonda xunto ao convento de Vilavella. Atravesa as aldeas de Fortóns e Eira Pedriña (Cedeira), en paralelo ao rego das Maceiras. Despois comeza a subir cara a Pregal (Negros), onde pasa por riba do túnel da Madroa e do túnel da liña de ferrocarril Redondela-O Porriño. Logo de pasar a carón da igrexa de Negros. Despois segue cara á parroquia de Cabeiro e cruza a Pica Moureira. Logo dunha zona industrial chega ao concello de Vigo, e alí liga coa estrada N-556, que vai do aeroporto á cidade.

Galería de imaxes

Notas

N-555 N-555 Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra