Tomás Gómez-Díaz Roncero, nado en Villarrubia de los Ojos, Cidade Real o 9 de maio de 1965, máis coñecido como Tomás Roncero, é un xornalista español.
En prensa escrita, ocupa o cargo de redactor xefe do diario AS; en radio, forma parte do equipo de comentaristas de Carrusel Deportivo da Cadena SER; e en televisión, é un dos interlocutores estrela do programa El chiringuito de Jugones.El Villarato no respeta a mi pueblo Diario AS, 18 de maio de 2011
Traxectoria Licenciado en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid,Tomás Roncero acude hoy a una charla en Pepino La Tribuna de Talavera, 31 de agosto de 2011 comezou a traballar como redactor en Madrid para dous diarios do Grupo Godó: Mundo Deportivo (1985-1989) e La Vanguardia (1989-1992).
Posteriormente pasou pola axencia de noticias Colpisa e en 1992 foi contratado polo diario El Mundo, onde permaneceu nove anos.Los cinco chicos que nunca consiguieron una Copa de Europa El Mundo, 10 de xaneiro de 2002 Máis tarde chegou á redacción do diario AS, onde permanece como redactor xefe. Na súa etapa especializouse en información sobre o Real Madrid, equipo do que é declarado seguidor.Tomás Roncero ficha por Carrusel Deportivo Diario AS, 30 de xullo de 2010
Ademais do seu traballo en AS, Roncero colaborou como comentarista nos espazos de radio El larguero e Carrusel deportivo, (ambos na Cadena SER), El penalti (Onda Cero), El tirachinas (COPE), Punto Pelota (Intereconomía) e El mirador (Punto Radio).
Apareceu na película Torrente 5: Operación Eurovegas (2014) interpretando ao seleccionador de Cataluña.Tomás Roncero, seleccionador de la Catalunya independiente... en 'Torrente 5' El Periódico, 11 de outubro de 2014
Bibliografía La Quinta del Buitre, Historia de una Leyenda casadellibro.com
¡Hala Madrid!, Ed. Planeta planetadelibros.com
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Tomás Roncero en Twitter Blog : El mundo de Roncero en As.com Artigos de opinión publicados en As.com
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Xornalistas de Castela-A Mancha Categoría:Xornalistas deportivos