miniatura|Primeira portada do xornal O Irmandiño.
No número de decembro de 1934 da revista O Irmandiño, a propia Irmandade definiuse a si mesma como unha entidade que non se adicaba en exclusive á política, senón que os seus principais obxectivos consistían en dar a coñecer grandes personalidades galegas que, debido ao réxime, morreron ou “vivían na escuridade” para así defender o idioma.
A Irmandade Galeguista do Uruguai fai un chamamento a todos os galegos e galegas do mundo, para tomar conciencia da situación da comunidade galega, ademais de facer fincapé na igualdade entre homes e mulleres, todos eles necesarios para a causa. Para apoiar este fin, en palabras de Antón Vilar Ponte, ínstase a mercar libros escritos no idioma galego, para continuar o legado da Editorial Nós, potenciando a literatura galega en Galicia e no resto do mundo.
A asociación acordou finalizar as súas funcións cando estalou a Guerra civil española, para apoiar todo o posíbel ao bando da República.
Fundación A Irmandade Galeguista do Uruguai fundouse no Café Brasileiro en maio de 1934, en Montevideo. A súa primeira aparición foi no xornal El Plata (diario uruguayo) o cal chamaba á afiliación. Na primeira reunión estaban Manuel Meilán, Pedro Fernández Veiga, Antón Crestar, Manuel Leiras, Camilo Bóveda Amor e Xaquín Bello. A súa sede situouse nunha leitería na rúa Pedras 411, propiedade de Antón Crestar.
Ao principio a súa labor centrouse basicamente na defensa da autonomía a través do seu xornal O Irmandiño, cuxo primeiro número saíu en outubro de 1934. O seus obxectivos eran a defensa da autonomía e o autogoberno ademais da concienciación da lingua, cultura e identidade como pobo galego.
Integrantes miniatura|Manuel Meilán en Montevideo en 1940. Manuel Meilán, personaxe máis que relevante no nacionalismo galego dada a súa participación na fundación do Partido Galeguista (histórico) Manuel Leiras Méndez, un dos donos do café Brasileiro e funcionario do Banco de Seguros. Camilo Bóveda Amor, medio irmán de Eduardo Blanco Amor, un home moi activo artisticamente en palabras do propio Manuel Meilán. Antón Crestar, un dos fundadores da audición Sempre En Galiza.
Colaboracións
A Comisión de Festas da Casa de Galicia integrouse na organización dende a súa fundación. Dende Bos Aires chegaban A Fouce (Buenos Aires), El Heraldo Gallego (Buenos Aires) e Opinión Galeguista Dende Cuba colaboraba El Eco de Galicia (A Habana). Dende Galicia aportaban El Emigrado, El Heraldo, Alento (1934) e Nós (revista). En decembro de 1934 recibiron dous libros de poesía do escritor Gonzalo López Abente, titulados Escumas da Ribeira e Alento da Raza. No mesmo número do Irmandiño mencionase o libro de versos galegos Horas de Frebe, escrito por Carmen Prieto Rouco quen lle dedica dito libro á asociación. No especial de 1935 a intervención de diversos autores como Fermín Bouza-Brey, Francisco Fernández del Riego, Antón Villar Ponte, Álvaro das Casas, Víctor Casas e Manuel García Barros. O sociólogo Ricardo Palmás, en 1959, realiza unha crítica á película Un Viaje por Galicia, definíndoa como pobre e de mal contada ademais dunha obra chea de prexuízos sobre os galegos.
Celebracións e homenaxes
En 1934 organizouse no Día de Galiza un programa na radio internacional, presentado por María Dopico de Vázquez Anido.
O 22 de decembro de 1934 a asociación celebrou o Gran Festival Galego en homenaxe a Pardo de Cela, quen morreu pola liberdade dos galegos. O acto produciuse no Salón-Teatro do Centro Galego en San José e estaba dividido en dúas partes: a primeira parte comezaba co himno galego e finalizaba coa representación da comedia O zoqueiro de Vilaboa, escrita por Nan de Allariz e que se estreou neste acto, a segunda parte dividiuse nunha serie de cantos. Menciónase que ao defender a cultura galega o coherente é falar nesta lingua.
En 1935 o Día de Galiza celebrouse o 20 de xullo no Salón de Actos do Centro Galego. Comezou, como o do ano anterior, coa proclamación do himno galego e a continuación a conferencia titulada “En col da nosa Galiza”. Esta conferencia foi presentada por Rodolfo Prada, quen á súa vez foi presentado por Manuel Meilán (Secretario de Propaganda).
No transcurso dos anos 30, destaca a asemblea celebrada en 1936 en Santiago de Compostela, na que se aprobou o ingreso do Partido Galeguista no Fronte Popular con ilustres candidatos coma Antón Villar Ponte, Castelao e Ramón Suárez Picallo entre os máis destacados.
En 1940, dada a morte de Lluís Companys, dedícaselle un apartado da revista lembrándoo como alguén admirable e agradecéndolle o apoio nos momentos nos que os galegos tiveron que fuxir das súas propias casas e Cataluña os acolleu.
Véxase tamén
Bibliografía Xornal O Irmandino . Orgao da Irmandade Galeguista do Uruguai. (Formato CD). Conversas con Manuel Meilán. Manuel Meilán, Cristina Samuelle. Edicións Xerais de Galicia, 1993.
Categoría:Galegos do Uruguai