Manuel Pose Naya, nado en Toroño (Culleredo) e finado en Tarrío (Culleredo) o 18 de outubro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria O 13 de outubro de 1948 o seu grupo conseguiu 6 000 pesetas nunha acción, quedaron para outro día para recoller o resto. Informada a Garda Civil, preparou unha ciada. O 18 de outubro un guerrilleiro foi recoller o que faltaba (50 000 pts). Houbo un tiroteo e Manuel Pose foi abatido. Ocupóuselle unha pistola calibre 7,65El Ideal Gallego, 20-10-1948..

Notas

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Culleredo Categoría:Finados en 1948 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes