A lingua cubeo (tamén pãmié) é unha lingua tucana falada polo pobo cubeo que habita no departamento de Vaupés, nos ríos Cuduyari e Querarí e os seus tributarios en Colombia, no Brasil e Venezuela. É un membro da póla central das linguas tucanas. O cubeo ten un gran número de palabras das linguas nadahup, e a súa gramática foi aparentemente influenciada polas linguas arauacas. Ás veces é chamada Pamiwa, o autónimo do grupo étnico, pero non debe ser confundida coa lingua pamigua, ás veces chamada pamiwa. O cubeo está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Lingua cubeo Categoría:Linguas tucanas Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas do Brasil