O antigo eslavo eclesiástico (словѣ́ньскъ ѩꙁꙑ́къ, slověnĭskŭ językŭ), foi a primeira lingua literaria eslava. Os misioneiros bizantinos do século IX Cirilo e Metodio, ámbolos dous de orixe eslava e grega, son os responsables da estandarización da lingua empregándoa nunha tradución da Biblia e noutros textos eclesiásticos en grego antigo como parte do proceso de cristianización dos eslavos.Carl Waldman, Catherine Mason. Encyclopedia of European Peoples: Facts on File library of world history. Infobase Publishing, 2006. p. 752. ISBN 9781438129181 ... There is disagreement as to whether Cyril and his brother Methodius were Greek or Slavic, but they knew the Slavic dialect spoken in Macedonia...Dmitrij Cizevskij. Comparative History of Slavic Literatures, Vanderbilt University Press (2000) p. 27 Crese que estaba baseado no dialecto dos eslavos bizantinos que viviron na provincia de Tesalónica no século IX (hoxe Grecia). Xogou un importante papel na historia das linguas eslavas e serviu como base da tradición do posterior eslavo eclesiástico, e algunhas igrexas como a Igrexa ortodoxa e as Igrexas católicas orientais empregárono como lingua litúrxica até o presente. Como a lingua eslava máis antiga da que se ten rexistro, achega evidencias importante das características da lingua protoeslava, o antepasado común de tódalas linguas eslavas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en antigo eslavo eclesiástico Pobos eslavos Ligazóns externas Old Church Slavonic Online, a comprehensive tutorial at the A. Richard Diebold Center for Indo-European Language and Culture, Linguistics Research Center, University of Texas at Austin Medieval Slavic Fonts on AATSEEL Old Slavic data entry application
Categoría:Linguas eslavas Categoría:Linguas mortas de Europa