miniatura|280px|En laranxa, os pleópodos do camarón norteamericano Litopenaeus setiferus.
Nos crustáceos malacostráceos denomínanse pleópodo a cada un dos cinco apéndices abdominais, é dicir, os apéndices do pleon. Case sempre birrámeos, están provistos de guedellas de sedas, ou ben de lobos, para adaptárense á natación.pleópode (Artropoda:Crustacea), ou pleópodo, en Garrido, Carlos (1977).
Outras funcións Ademais de seren principalmente patas para a natación, tamén se utilizan para a incubación dos ovos (excepto nos camaróns e nas gambas), para a captura de alimentos (que despois desprazan cara á boca) e, ás veces, poden levar tamén branquias.
Nalgúns taxons, o primeiro par ou dous primeiros pares de pleópodos especializáronse nos machos para a fecundación, coñocéndose daquela como gonópodos.gonópode Arthropoda, 4ª acep., ou gonópodo, en Garrido, Carlos (1977).
Etimoloxía O termo pleópodo, empregado desde 1855, está formado polos elementos ple- e -podo derivados das voces do grego antigo πλέω pléō 'navegar', e πούς, ποδός poús, podós 'pé', elementos unidos por un -o- epentético para facilitar a pronuncia. Literalmente: 'patas para nadar' ou 'patas natatorias'.pleópodo en dicciomed.eusal.es Universidad de Salamanca.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3. Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6. Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1. Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4. Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3. Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal.. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.
Outros artigos Gonópodo Malacostráceos Pleon
Categoría:Anatomía dos artrópodos Categoría:Termos zoolóxicos