Antonio Usero Torrente, nado en Ferrol o 17 de abril de 1879 e finado na mesma cidade o 23 de novembro de 1969, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria Fillo dun oficial de Infantaría de Mariña e irmán de Matías Usero Torrente. Abandonou os estudos militares para cursar Farmacia por libre na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade Central de Madrid. Foi elixido concelleiro de Ferrol entre 1916 e 1920. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Ferrol en marzo de 1924.El Ideal Gallego, 22-3-1924, p. 3. Durante o seu mandato realizouse a traída de augas desde A Fervenza e a rehabilitación da antiga prisión para destinala a Instituto de Ensinanza Media.
Visa persoal Casado con María del Carmen Tíscar Casanova, tivo catro fillos e tres fillas: Pilar, Carlota, Matías, Antonio (tamén farmacéutico), María del Carmen, Ángel (psiquiatra) e Francisco Usero Tíscar (farmacéutico e avogado). Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Antonio Usero, uno de los mejores alcaldes de Ferrol
Categoría:Farmacéuticos de Ferrol Categoría:Alcaldes de Ferrol Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1969