Pierre Hippolyte Lucas, coñecido como Hippolyte Lucas, nado en París o 17 de xaneiro de 1814 e finado na mesma cidade o 5 de xullo de 1899, foi un entomólogo francés.

Era irmán de Prosper Lucas (1808-1885), médico, cuxos traballos no campo da herdanza biolóxica foron amplamente consultados no século XIX, especialmente o seu Traité philosophique et physiologique de l'hérédité naturelle (París, 1850).

Traxectoria Foi naturalista axudante e despois asistente no Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Foi membro da Société entomologique de France.

De 1839 a 1842 participou na comisión científica para a exploración de Alxeria ocupándose, como naturalista, do estudo da fauna entomolóxica deste país.

Publicou traballos sobre os arácnidos das Canarias (1838), Creta (1853), o Brasil (1857) e Cuba (1857).

Describiu numerosos taxons, especialmente de insectos e arácnidos, entre eles a familia dos Thelyphonidae.Thelyphonidae Lucas, 1835 no ITIS.

Algunhas publicacións Histoire naturelle des lépidoptères exotiques. Ouvrage orné de 200 figures peintes d'après nature par Pauquet et gravées sur acier. París, Pauquet, Bibliothèque Zoologique, 1835 Histoire naturelle des animaux articulés. Exploration scientifique de l'Algérie, pendant les années 1840, 1841 et 1842 ... París, Imprimerie Nationale (1844-1849). Publicado en 25 vols, con 122 finas pranchas grabadas Con Marc Athanase Parfait Œillet Des Murs. Observations sor un nouveau genre d'Alouette de l'Afrique septentrionale, et sur quefques espèces d'Oiseaux déjà connus. En: Revue et Magasin de Zoologie Pure et Appliquée 3, 1851, pp. 24–33 online "Description de nouvelles Espèces de Lépidoptères appartenant aux Collections entomologiques du Musée de Paris". Revue Mag. Zool (2) 4 (3): 128-141 (1852) 4 (4): 189-198 (1852) 4 (6): 290-300 (1852) 4 (7): 324-343 (1852) 4 (9): 422-432, pl. 10 (1852) 5 (7): 310-322 (1853) "Animaux nouveaux ou rares, recuillis pendant l'expédition dans les parties centrales de l'Amérique du Sud, de Río de Janeiro a Lima et de Lima au Pará; executée par ordre du gouvernement français pendant les années 1843 a 1847 sous la direction du François Louis de la Porte, comte de Castelnau". Entomologie Voy. Cast 3: 197-199, pl. 1-2 (Lepidoptera)

Abreviatura A abreviatura Lucas emprégase para recoñecer a Hyppolyte Lucas como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Royal Irish Academy Scanned plates from Histoire naturelle des animaux articulés. (plates incorrectly attributed Gérard Paul Deshayes Láminas escaneadas da Histoire naturelle des animaux articulés. (Láminas incorrectamente atribuídas a Gérard Paul Deshayes).

Categoría:Científicos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Nados en 1814 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 1899