En zooloxía o termo uropodio,uropodio no diconario da RAG.uropodio s m ZOOL Apéndice do último segmento abdominal dos crustáceos. urópodo s m Zool → uropodio. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7. ás veces citado como urópodo, refírese a determinados apéndices do último segmento abdominal do corpo de numerosos crustáceos e dalgunhas larvas de certos insectos.

Etimoloxía O termo urópodo é unha voz do Vocabulario Científico Internacional (que se adapta ás normas de cada idioma particular) formada polos elementos do latín científico uro- e -podo (sic), tirados das palabras do grego antigo οὐρά ourá, "cola" (de animal), e πούς, ποδός poús, podós, "pé", "perna", "pata", respectivamente.uropod, no Merriam-Webster Dicitionary.

Nos crustáceos miniatura|upright=1.3|Urópodos de Nephrops norvegicus. Nos crustáceos malacostráceos os urópodos son cada un dos dous últimos apéndices abdominais, situados a continuación do pleon, dirixidos cara a atrás e diferentes dos pleópodos, de forma laminar na maioría dos grupos.Claude Meisch (2007): "On the origin of the putative furca of the Ostracoda Crustacea" en Renate Matzke-Karasz, Koen Martens & Michael Schudack, eds. Ostracodology – Linking Bio- and Geosciences: Proceedings of the 15th International Symposium on Ostracoda, Berlin, 2005, serie Developments in Hydrobiology 197, volume 585 (1): 181–200. Hydrobiologia. ISBN 978-1-4020-6417-3. Consultado o 14 de marzo de 2017.urópode ou urópodo (Arthorpoda:Crustacea) en Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruña: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.

Función O telson, xunto cos urópodos, presenta forma de abano, polo que denomina tamén abano caudal. En ocasións, os urópodos poden traballar en conxunto co telson, utilizando estes apéndices para axudar nos seus desprazamentos (natación), xa que cun movemento brusco do abdome, o telson e os urópodos, conseguen propulsarse rapidamente cara a atrás. Tamén se usan para a protección dos ovos da femia.

Nos cangrexos ermitáns, os urópodos serven como elementos de retención, e en case todos os braquiúros e nalgúns Lithodidae, os urópodos reabsórbense na idade adulta.

Formas Os urópodos son tipicamente birrámeos (é dicir, están divididos en dúas partes chamandas ramas), e consisten basicamente nun pedúnculo que se divide en dúas ramas (endopodito e exopodito), unidos por unha sutura transversal coñecida como diérese. O exopodito adoita ser máis grande que o endopodito. miniatura|upright=1.3|Urópodos dun decápodo.

Os anfípodos xeralmente teñen tres pares de urópodos.

Na maioría dos Peracarida, Bathynellacea e Cumacea, os urópodos teñen forma de bastón.

Os urópodos están formados por catro pezas: 2 exopoditos (as máis externas). 2 endopoditos (entre os exopoditos e o telson).

Presenza na especies Todos os decápodos (coa excepción da maioría dos braquiúros) presentan urópodos: a infraorde dos Palinura, a suborde dos Dendrobranchiata, a infraorde dos Stenopodidea, a infraorde dos Caridea, a infraorde dos Astacidea, a infraorde dos Thalassinidea, etc.

Nos insectos Tamén reciben o nome de urópodo cada unha das dúas apófises caudais, semellantes a cercos, que aparecen no último segmento abdominal dalgunhas larvas de insectos, denominadas larvas oligopódicas.

Notas

Categoría:Anatomía dos artrópodos Categoría:Termos zoolóxicos