miniatura|300px|Pintada en Pontevedra A violencia contra as mulleres é, de xeito colectivo, actos violentos cometidos contra as mulleres. Este tipo de violencia é exercida contra a muller explicitamente por ser muller. A Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller da Asemblea Xeral das Nacións Unidas afirma que:

Kofi Annan, secretario xeral das Nacións Unidas, declarou nun informe de 2006 publicado na web do Fondo de Desenvolvemento das Nacións Unidas para a Muller (UNIFEM) que:

A violencia contra as mulleres pode encaixar en varias categorías amplas. Algunhas das formas de violencia son a violación, a violencia doméstica, o acoso sexual, infanticidio feminino, selección prenatal do sexo, os asasinatos de honor, a violencia do dote, a mutilación xenital feminina, a lapidación, a desfiguración, a escravitude sexual, a trata de mulleres, a prostitución, a pornografía, a xestación por substitución, o matrimonio por secuestro, forzado e concertado, as propias imposicións do xénero (submisión, subordinación, pasividade, debilidade...), entre outras.Prügl, E. (Director) (November 25, 2013). Violence Against Women. Gender and International Affairs Class 2013. Lecture conducted from The Graduate Institute of International and Development Studies (IHEID), Geneva, Switzerland.

A Organización Mundial da Saúde (OMS), na súa investigación da violencia contra as mulleres, analizou e categorizou as diferentes formas da violencia contra as mulleres en todos os estadios da vida dende antes do nacemento á velleira.Violence against women: Definition and scope of the problem (1997). Organización Mundial da Saúde, 1, 1-3. Consultado o 1 de abril de 2017.

Nos últimos anos, houbo unha tendencia de achegamento á violencia contra as mulleres a nivel internacional, mediante ferramentas como convencións; ou, na Unión Europea, a través de directivas, como a directiva en contra do acoso sexualDirectiva 2002/73/EC - trato igualitario do 23 de setembro de 2002 emendando a Directiva do Consello 76/207/EEC sobre a aplicación do principio de igualdade de trato entre mulleres e varóns no que se refire ao acceso ao emprego, á formación e á promoción profesionais e ás condicións de traballo. e a directiva en contra do tráfico de persoas."DIRECTIVE 2011/36/EU OF THE EUROPEAN PARLIAMENT AND OF THE COUNCIL of 5 April 2011 on preventing and combating trafficking in human beings and protecting its victims, and replacing Council Framework Decision 2002/629/JH" (PDF). Eur-lex.europa.eu. Consultado o 1 de abril de 2017.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Vítimas mortais da violencia machista en Galicia Violencia vicaria Ligazóns externas

Violence against women, Tribunal Europeo de Dereitos Humanos Virtual Knowledge Centre to End Violence against Women and Girls (en inglés, francés e castelán) Special Rapporteur on violence against women, its causes and consequences, Asemblea Xeral das Nacións Unidas Informe da Organización Mundial da Saúde sobre a ablación do clítoris, Health complications of female genital mutilation