A dos salamandroideos (Salamandroidea) é unha suborde de anfibios caudados que comprende as chamadas salamántigas avanzadas.

Os primeiros salamandroideos fósiles coñecidos son exemplares da especie Beiyanerpeton jianpingensis, datada no xurásico tardío, hai aproximadamente 157 millóns de anos.Gao K.-Q. and Shubin, N. H. (2012): "Late Jurassic salamandroid from western Liaoning, China". Proceedings of the National Academy of Sciences (advance online publication).

Características Diferéncianse das especie da suborde dos criptobrancoideos (e da nova, e discutida, suborde dos sirenoideos) en que teñen fusionados os ósos angular e prearticular na mandíbula, e en que todos presentan fecundación interna.

Outra característica distintiva dos salamandroideos é o seu número de vértebras e o variadas que son. As vértebras destes animais presentan detrás do corpo unha concavidade, as apófises espiñosas e articulares son pouco saíntes, horizontais, e as apófises trasversas levan nunha lixeira bifurcación tuberculada, rudimentos de costelas que nunca se unen co rudimentario esterno. As vértebras da cola varían en número segundo as especie e, en canto á súa forma son case semellantes ás demais, sobre todo as primeiras. Os salamandroideos son, pois, os urodelos cuxo esqueleto se compón de maior número de pezas.Batracios Tomado de Biblioteca Ilustrada de Gaspar y Roig. Los Tres Reinos de la Naturaleza. Museo Pintoresco de Historia Natural. Tomo 4 (traducido de Buffon). Madrid, 1863, Imprenta de Gaspar y Roig, Editores.

Distribución Os membros desta suborde encóntranse en todo o mundo excepto na Antártida, na África subsahariana e en Oceanía.

Bioloxía

A femia é fecundada por medio dun espermatóforo, unha cápsula que contién os espermatozoides e que o macho coloca na cloaca da femia. O esperma almacénase na chamada espermateca, no teito da cloaca até que chega o momento da posta.

Taxonomía Descrición A suborde foi descrita en 1826 polo zoólogo austríaco Leopold Fitzinger, aínda que algúns autores atribúenlla ao zoólogo estadounidense Gladwyn Kingsley Noble, en 1931 (se cadra, polas diferenzas de Fitzinger cos criterios de clasificación de Linneo).

Etimoloxía O nome científico Salamandroidea está formado, como é obvio, pola raíz do nome do seu xénero tipo, Salamandra, engadíndolle a desinencia do latín científico -oidea, plural neutro de -oideus, derivada do grego antigo εἴδος eídos, "aspecto", "aparencia", "forma", coa vogal epentética (de unión) -o-, pata facilitar a pronuncia, usada na formación de moitos nomes de ordes e subordes de animais.Superfamilia: Salamandroidea Fitzinger, 1826 en Animalandia. Etimoloxía tomada do Diccionario etimológico de Pedro Romero.Salamandroidea no Merriam-Websrers Dictionary.

Clasificación Segundo o National Center for Biotechnology Information (Centro Nacional para a Información Biotecnolóxica), a suborde comprende as seguintes familias e subfamilias:Salamandroidea no NCBI.

Suborde Salamandroidea Familia Ambystomatidae Familia Amphiumidae Familia Dicamptodontidae Familia Plethodontidae Subfamilia Hemidactyliinae Subfamilia Plethodontinae Familia Proteidae Familia Rhyacotritonidae Familia Salamandridae Subfamilia Pleurodelinae Subfamilia Salamandrinae Subfamilia Salamandrininae

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Larson, A. (1991): "A molecular perspective on the evolutionary relationships of the salamander families". Evolutionary Biology 25: 211-277. Vitt, Laurie J. & Janalee P. Caldwell (2014): Herpetology: An Introductory Biology of Amphibians and Reptiles. 4th Edition. San Diego, California, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1238-6919-7. Zug, G. R. (1993): Herpetology: an introductory biology of amphibians and reptiles. San Diego, California, USA: Academic Press.

Outros artigos Urodelos Criptobrancoideos Sirenoidea

Ligazóns externas Salamandroidea en Fauna Europaea. (Nota: Fauna Europaea considera este taxon como superfamilia). Salamandroidea no NCBI. Salamandroidea en Fossilworks. Salamandroidea na EOL.

Categoría:Urodelos