A dos salamandridinos (Salamandridinae) é unha subfamilia de anfibios da orde dos caudados ou urodelos, da familia dos salamándridos.
A subfamilia está formada por un único xénero, Salamandrina, que contén dúas especies.
Distribución
As dúas especies do único xénero actual son endémicas de Italia.
Taxonomía
Descrición A subfamilia foi descrita en 1843 polo zoólogo austríaco Leopold Fitzinger, na súa obra:
Fitzinger, L. J. F. (1843): Systema Reptilium, fasciculus primus, Amblyglossae. Braumüller und Seidel, Wien, pp. 1-106. (Ver o texto íntegro).
Etimoloxía O nome científico está formado pola raíz do nome do xénero tipo, Salamandrina coa desinencia -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.
Clasificación Como quedou dito, a subfamilia só comprende un único xénero actual:Salamandrina Fitzinger, 1826 no ITIS.
Subfamilia Salamandridinae Fitzinger, 1843 Xénero Salamandrina Fitzinger, 1843
Ademais, coñécese un xénero fósil: Archaeotriton Meyer, 1860
Controversia taxonómica Aínda que non aceptada por todos os autores, que inclúen o seu único xénero na subfamilia dos salamandrinos, o taxon foi confirmado, entre outros, por Amphibian Species of the World,Salamandridinae en Amphibian Species of the World. pola AmphiaWeb,Salamandridinae na AmphibiaWeb. polo NCBI,Salamandridinae no NCBI., e por Alain Dubois e J. Raffaelli.Dubois, A. (2005): "Amphibia Mundi. 1.1. An ergotaxonomy of Recent amphibians". Alytes. Paris, 23: 1–24.Dubois, A. & J. Raffaëlli (2009): "A new ergotaxonomy of the family Salamandridae Goldfuss, 1820 (Amphibia, Urodela). Alytes. Paris, 26: 1–85. Ver o artigo completo en PDF
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dubois, A. (2005): "Amphibia Mundi. 1.1. An ergotaxonomy of Recent amphibians. Alytes. Paris, 23: 1–24. Dubois, A. & J. Raffaëlli (2009): "A new ergotaxonomy of the family Salamandridae Goldfuss, 1820 (Amphibia, Urodela). Alytes. París, 26: 1–85. Ver o artigo completo en PDF. Gray, J. E. (1850): Catalogue of the Specimens of Amphibia in the Collection of the British Museum. Part II. Batrachia Gradientia, etc. Printed by Order of the Trustees. London: Spottiswoodes and Shaw.
Ourtros artigos Salamándridos Salamandrina''
Ligazóns externas Salamandridinae en Amphibian Species of the World. Salamandridinae na AmphibiaWeb. Salamandridinae no NCBI.
Categoría:Urodelos