Frei Antonio de Guevara, nado en Treceño, no concello de Valdáliga (Cantabria), en 1480 e finado en Mondoñedo o 3 de abril de 1545, foi un eclesiástico e escritor español, un dos máis populares do Renacemento.

Ingresou como franciscano en Valladolid pero foi reclamado como predicador persoal e cronista polo emperador Carlos V.

En 1527 foi nomeado bispo de Guadix, onde permaneveu ata 1536, e pasar en 1539 á sede episcopal de Mondoñedo, onde permaneceu ata o seu pasamento.

Estableceu unha imprenta en Mondoñedo e calcúlase que as súas obras se publicaron durante os séculos XVI e XVII máis de 600 veces por toda Europa. Entre outros títulos, escribiu Relox de príncipes, Menosprecio de corte y alabanza de aldea Epístolas familiares ou Monte Calvario.

Sínodo de Mondoñedo En 1541, o bispo Guevara dirixiu un sínodo que adquiriu especial reñevancia polos malos hábitos e abusos que pretendía corrixir, tanto os protagonizados pola colectividade social como polos propios cregos nas súas parroquias. Así, por exemplo, prohíbiu as comidas e celebracións que se adoitaban facer nas igrexas tralas exequias e limitou os banquetes funerarios que organizaban os familiares para agasallar ós acompañantes. Tamén se condenaban, como supersticións, prácticas tradicionais como o tizón de Nadal, exconxurar as tormentas, certos rituais de medicina popular ou certas probas para asegurar a fidelidade da muller.

Frases soadas Está é unha listaxe incompleta das frases máis famosas de frei Antonio de Guevara, orixinalmente en castelán coa súa respectiva tradución ao galego: "El aconsejar es un oficio tan común que lo usan muchos y lo saben hacer muy pocos." ("O aconsellar é un oficio tan común que o usan moitos e o saben facer moi poucos."). "Lo que al caballero le hace ser caballero es ser medido en el hablar, largo en el dar, sobrio en el comer, honesto en el vivir, tierno en el perdonar y animoso en el pelear." ("O que ao cabaleiro fai ser cabaleiro é ser medido no falar, largo no dar, sobrio no comer, honesto no vivir, tenro no perdoar e animoso no pelexar."). "A los cordiales amigos no basta alumbrarles por do vayan sino que les hemos de quitar los tropiezos a do tropiecen." ("Aos cordiais amigos non basta alumarlles por onde vaian senón que lles habemos de quitar os tropezos onde tropecen.").  "Las guerras, para ser buenas, las han de encomendar a los dioses, aceptarlas los príncipes, justificarlas los filósofos y ejecutarlas los capitanes." ("As guerras, para seren boas, hanas de encomendar aos deuses, aceptalas os príncipes, xustificalas os filósofos e executalas os capitáns.").

Notas

Véxase tamén Bibliografía Manuel de Castro, OFM, "Antonio de Guevara", en Diccionario de Historia Eclesiástica de España. Madrid 1972, vol. II, páxs. 1066-1067. Pedro Correa Rodríguez, "Fray Antonio de Guevara", en Gran Enciclopedia Rialp. Madrid 1972, Tomo XI, páxs. 454-455. Landeira Yrago, José: Gran Enciclopedia Galega, s. v. Guevara, Fre Antonio de. López Cuétara, José Miguel, Fray Antonio de Guevara, literatura vs. filosofía. Verdad y vida'', ISSN 0042-3718, Nº 240-241, 2004.

Ligazóns externas Obras de Antonio de Guevara en Biblioteca Virtual Cervantes. Obras dixitalizadas de Antonio de Guevara na Biblioteca Dixital Hispánica da Biblioteca Nacional de España Obras de Antonio de Guevara en Internet Archive. Obras dixitalizadas de Antonio de Guevara. Edición electrónica de Menosprecio de corte y alabanza de aldea . Biografía, bibliografía e obras completas en liña de frei Antonio de Guevara. Manuel de la Fuente Merás: Antonio de Guevara (1480-1545). Perfil bio-bibliográfico.

Categoría:Finados en 1545 Categoría:Nados en 1480 Categoría:Escritores de Cantabria Categoría:Nados en Valdáliga Categoría:Sacerdotes católicos de España Categoría:Historiadores de España Categoría:Franciscanos de España Categoría:Bispos católicos de España