Contos da miña terra é un relato breve de Rosalía de Castro."O manuscrito do 'Conto galego' de Rosalía de Castro" Real Academia Galega., publicado en 1864. É a única prosa en galego da autora, alén dos prólogos dos poemarios Cantares gallegos (1863, anterior a Contos da miña terra) e Follas novas (1880, posterior).
Trama
Xan e Lourenzo son dous amigos de trinta anos que van por un camiño, o primeiro montando unha mula e o segundo a pé. Xan repróchalle a Lourenzo a súa vida lixeira (Mais tí fas coma o outro, oxe o gano, oxe o como, que mañán Dios dirá. Nin tes arrelo, nin cousa que o valla; gústanche os virvirichos y-as virviricheiras, o viño do Riveiro e fas ostras do Carril), e recoméndalle que case. Este responde que prefire seguir solteiro, pois pensa que todas as mulleres son malas e interesadas, amais de infieis. Ao pasar por unha aldea atopan un enterro, dun home que non era dese lugar pero que deixara unha rapaza viúva. Entón Lourenzo dille a Xan que lle vai demostrar que as mulleres son interesadas, e apóstalle que a viúva lle ha dar esa mesma noite o seu compromiso de matrimonio para casaren antes dun mes. Se gaña Lourenzo, Xan ha darlle a mula, e se perde, debe mercar unha besta e deixar de falar mal das mulleres.
Métense no cortexo fúnebre, facendo que Xan é o criado de Lourenzo. As carpideiras e a viúva choran polo morto, e Lourenzo faise pasar polo sobriño do finado, a quen lle deixaría como herdeiro no testamento. Lourenzo explícalle á viúva que é o seu sobriño, e consegue que lle deixe durmir na súa casa. Lourenzo ocupa a cama de matrimonio e ela déitase no chan do sobrado, mentres que a mula fica no presebe e Xan déitase no faiado, desde onde escoita a conversa que manteñen a viúva e Lourenzo. Ela diríxese ao defunto dicíndolle que está a pasar tanto frío durmindo no chan como el baixo terra. Lourenzo convídaa a deitarse na cama, envolta no mantelo, pois ao seren tía e sobriño non habería mal ningún. Ela é remisa (quérome ir afacendo que moitas destas noites han de vir pra min no mondo, que si antes fun rica e casada, agora son viúda e probe; e canto tiven meu agora teu é, que a min non me queda máis que o ceo i a terra), mais el dille que coñece un home rico e familiar do morto que quere casar con ela, e que o finado, Antón, vía con bos ollos esa relación. Explícalle entón que deberá casar con el, mais antes dun mes porque ten que marchar de viaxe. Ante o medo que ten ela das rexoubas da xente, deciden casar en segredo. Ela entón déitase na cama, pedíndolle perdón á Virxe do Carme.
Chegado este punto, Xan ve perdida a mula e chama por Lourenzo para fuxiren.
Narración Ao remate do texto explícase que os feitos aconteceron cen anos atrás, e ao comezo dise que a acción ten lugar no inverno. A trama dura arredor de medio día, desde a tardiña até a madrugada. Non hai ningunha referencia xeográfica ao espazo, se ben Lourenzo di que ten que ir a Cais a recoller outra herdanza.
É unha narración en terceira persoa, mais case todo o texto se desenvolve a través de diálogos, mesmo con acoutacións no medio deles entre parénteses (Lourenzo tuse).
O texto, escrito cando aínda non había normas ortográficas para a lingua galega, contén algúns dialectalismos e castelanismos.
Publicación e difusión A primeira edición impresa foi en 1864, en formato de folletín do xornal El Avisador da Coruña, asinada coas iniciais R. C. Esa foi a causa de que a autoría fose atribuída, erroneamente, durante anos, a Ricardo Caruncho e mesmo a un tal Ricardo Camino. Nesa altura Rosalía tiña 27 anos e xa publicara Cantares gallegos. A segunda edición foi, en 1868, na imprenta de El Eco Ferrolano, xa asinada co nome completo da autora: "Doña Rosalía Castro de Murguía".. En 1923 saíu no Almanaque Gallego, como Conto gallego.
En 2014 foi traducido ao xaponés polo profesor Takekazu Asaka, da Universidade de Tsudajuku, Tokyo, con prólogo de María do Carmo Ríos Panisse e un CD coa lectura do texto, editado por DTP Publishing.: "Contos da miña terra", con limiar de e prólogo de en
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
(ed.) (1952), Obras completas. Madrid: Editorial Aguilar.
Ligazóns externas Biblioteca Virtual Galega UDC e Deputación da Coruña.
Categoría:Obras literarias de 1864 Categoría:Obras literarias de Rosalía de Castro Categoría:Novelas en galego Categoría:Libros no dominio público Categoría:1864 en Galicia