Champa (khmer: ចាម្ប៉ា; vietnamita: Chiêm Thành 占城 ou Chăm Pa 占婆) foi un antigo estado hinduísta situado no leste de Indochina (192–1832). Étnica e lingüisticamente estaba formado basicamente por un pobo malaio-polinesio, os cham, aínda que ao longo dos séculos o Reino de Champa sufriu a presión de falantes vietnamitas. Actualmente, os cham constitúen unha das minorías importantes en Camboxa e Vietnam.
Etimoloxía O nome Champa deriva do termo sánscrito campaka (pronunciado /tʃampaka/), que refire á Magnolia champaca, unha especie de árbore floral coñecida polas súas fragrantes flores. Rolf Stein propuxo que este nome podería ter a súa orixe en navegantes austronesios procedentes do centro de Vietnam que chegaron á área de Champapuri, no leste da India, unha cidade sagrada para o budismo, co obxectivo de comerciar. Estes mariños terían adoptado o nome para o seu pobo. Pola contra, Louis Finot afirmou que Champa é un nome posto polos indios á zona do centro de Vietnam.
Porén, Michael Vickery indica que Champa podería provir do termo nativo Čaṃ, endónimo do pobo Cham. A palabra empregada polas fontes históricas chinesas, Zhancheng 占城 (lit. "cidade dos Cham"), parece apoiar esta hipótese.
Situación xeográfica O Reino de Champa situábase entre o delta do río Mekong, no sur, e até aproximadamente as "portas de Hue", no norte, de modo que o seu territorio correspondía en gran medida a actual rexión vietnamita de Annam.
Historia
Lista de monarcas de Champā Dinastía de Pānduranga Cara a 757: Prithivîndavarman " 774: Satyavarman " 793: Indravarman " 801: Harivarman " 820–869: Vikrântavarman III Dinastía Bhrigu Cara a 877: Indravarman II " 896–905: Jayasimhavarman 905–910: Bhadravarman II 911–971: Indravarman III 989–?: Vijaya Shrī Harivarman II Cara a 989: Yampuku Vijaya Shrī Dinastía do Sur 1041–1059: Jayasimhavarman II 1059–1060?: Bhadravarman III Cara a 1060: Rudravarman " 1081: Jaya Indravarman IV ?–1086: Paramabodhisattva 1086–1139: Jaya Indravarman V 1139–1147: Jaya Indravarman VIN 1147–1163: Jaya Harivarman VIN 1163–?: Jaya Indravarman VII ? –1190: Jaya Indravarman VIII 1226–: Jaya Paramashvaravarman IV ? –1237: Jaya Indravarman X 1226– ?: Indravarman IX ? – 1307: Jayasimhavarman IV ?– 1308: Mahebdravarman 1342–1360: Bo–dê 1360–1390: She Bong–ngo 1441–1446: Bishai
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pobo cham Santuario Mi-Sön na capital política e relixiosa de Champa, declarado Patrimonio da Humanidade en 1999 pola UNESCO.
Ligazóns externas Artigo en español sobre a zona centro de Vietnam (publicado en Brecha, Uruguai) con información sobre o Museo de escultura cham.
Categoría:Historia de Vietnam Categoría:Estados desaparecidos de Asia Categoría:Colonialismo