José Rodríguez Páramo, Páramo ou Secretario, nado en Doade (Sober) o 7 de novembro de 1904 e finado na Pereira (Entrimo) o 25 de agosto de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Emigrante retornado. Foi secretario do concello de Sober (1932-1933) e secretario da Sociedade "Trabajadores de la Tierra" de Doade encadrada na UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi procesado en xullo de 1937 con José María Gayoso de la Fuente por malversación de caudais.José María Gayoso de la Fuente, alcalde de Sober en 1931, dirixente do centro comunista de Doade Foi xulgado por rebelión e declarado en rebeldía por auto de 4 de xaneiro de 1938. Foi absolto en 1939. Apareceu nos primeiros anos corenta formando parte dun grupo de guerrilleiros na fronteira portuguesa do que formaba parte Ramón Yáñez Pereira e a súa compañeira Rosa Alves "A Africana". Morreu o 25 de agosto de 1943 na Pereira (Entrimo).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Sober Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes