Muscicapa é un xénero de ave paseriforme, suborde dos Passeri, infraorde dos Passerida, superfamilia dos muscicapoideos. o tipo da familia dos muscicápidos.
O xénero comprende 25 especies, segundo o ITIS e máis o Congreso Ornitolóxico Internacional (COI),Muscicapa Brisson, 1760 no ITIS.Muscicapa na orde dos Passeriformes. Congreso Ornitolóxico Internacional, ou 27, segundo outros autores, de paxaros insectívoros de pequeno tamaño coñecidos popularmente como papamoscas,papamoscas, 1ª acep., no dicionario da RAG. distribuídos por Eurasia e África.
A maioría das especies viven en hábitats boscosos. Varias delas son migratorias, indo de Europa e o norte de Asia cara ao sur no inverno.Sinclair et al. (2003), Perrins (2004), del Hoyo et al. (2006).
Características Son paxaros pequenos, de 9 a 15 cm de lonxitude. Teñen a cabeza grande, a cola curta, as patas así mesmo son curtas, e con pés delicados; o bico é aplanado, pero afiado, máis amplo na base. A súa plumaxe é a miúdo de cores intensas, parda ou gris, bastante uniforme; porén, os exemplares xuvenís téñena máis manchada ou apencada.Svensson et al. (2001).
Teñen o costume de pousar en lugares altos, onde permanecen moi quietos, a miúdo ergueitos, desde onte parten en frecuentes e fulgurantes saídas para capturar insectos en pleno voo, non só ou entre a follaxe.
Contrúen niños xeralmente en forma de cunca nunha rama de árbore, pero algunhas especies africanas aniñan en buratos das árbores.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson, na súa obra:
Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, espèces & leurs variétés: à laquelle on a joint une description exacte de chaque espèce, avec les citations des auteurs qui en ont traité, les noms qu'ils leur ont donnés, ceux que leur ont donnés les différentes nations, & les noms vulgaires.Ver texto completo.
Etimoloxía O nome científico Muscicapa está formado polos elementos musci- e -capa, tirados do latín musca, -ae, "mosca" e o verbo capio, cepi, captum, capere, "coller", "capturar".
Clasificación En 2010 dous estudos de filoxenia molecular das especies da familia dos muscicápidos mostraron que o xénero Muscicapa non é monofilético. Porén, os seus autores foron incapaces de propoñer uns novos xéneros, porque non foron revisadas todas as especies. Nun estudo posterior, publicado en 2016, no que se inclúen 37 das 42 especies da subfamilia dos muscicapinos, confírmase que Muscicapa non é monofilético, e nel proponse unha reorganización taxonómica con varios xéneros novos ou recuperados.
Especies Segundo o ITIS e o COI, o xénero comprende as seguintes 25 especies:
Xénero Muscicapa Brison, 1760 Muscicapa adusta (F. Boie, 1828) Muscicapa aquatica Heuglin, 1864 Muscicapa boehmi (Reichenow, 1884) Muscicapa caerulescens (Hartlaub, 1865) Muscicapa cassini Heine, 1860 Muscicapa comitata (Cassin, 1857) Muscicapa epulata (Cassin, 1855) Muscicapa ferruginea (Hodgson, 1845) Muscicapa gambagae (Alexander, 1901) Muscicapa griseisticta (Swinhoe, 1861) Muscicapa infuscata (Cassin, 1855) Muscicapa itombwensis Prigogine, 1957 Muscicapa latirostris Raffles, 1822 Muscicapa lendu (Chapin, 1932) Muscicapa muttui (E. L. Layard, 1854) Muscicapa olivascens (Cassin, 1859) Muscicapa randi Amadon & duPont, 1970 Muscicapa ruficauda Swainson, 1838 Muscicapa segregata (Siebers, 1928) Muscicapa sethsmithi (Someren, 1922) Muscicapa sibirica Gmelin, 1789 Muscicapa striata (Pallas, 1764) Muscicapa tessmanni (Reichenow, 1907) Muscicapa ussheri (Sharpe, 1871) Muscicapa williamsoni Deignan, 1957
En Galicia En Galicia só se encontra, de maio a setembro (inverna en África), en campos abertos, hortas e cultivos, con árbores espalladas, a especie Muscicapa striata, o papamoscas cincento, aínda que a súa presenza é moi rara.Penas Patiño, Xosé M. et al. (1991), p. 266.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew & Sargatal, Jordi (eds.) (2006): Handbook of Birds of the World. Volume 11: Old World Flycatchers to Old World Warblers. Bellaterra (Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-96553-06-X. King, Ben; Rostron, Philip; Luijendijk, Teus; Bouwman, Rob & Quispel, Chris (1999): "An undescribed Muscicapa flycatcher on Sulawesi, Indonesia". Forktail 15: 104. Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía de aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións, p. 198. ISBN 84-87674-06-2. Perrins, Christopher (ed.) (2004): The New Encyclopedia of Birds. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 0-19-852506-0. Sinclair, Ian; Ryan, Pete; Christy, Patrice & Hockey, Phil (2003): Birds of Africa: a complete illustrated field guide to the birds of the Sahara. Cape Town: Struik. ISBN 1-86872-857-9. Svensson, Lars, & Peter J. Grant (2001): Guía de aves. <small>La guía de campo de aves de España y de Europa más completa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-218-X. Williams, John G. & Arlott, Normann (1980): A Field Guide of the Birds os East Africa. Londres: Collins. ISBN 0-0021-9179-2.
Outros artigos Paseriformes Muscicápidos
Ligazóns extrernas Muscicapa na ADW. Muscicapa na EOL. Muscicapa en Fauna Europaea. Muscicapa no NCBI. Muscicapa Brisson, 1760 no WoRMS.
Categoría:Muscicápidos Categoría:Aves de Galicia