San Martiño de Belesar é unha parroquia do concello de Vilalba, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 293 habitantes (141 homes e 152 mulleres), distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 484 habitantes.
Xeografía O territorio da parroquia está atravesado polos ríos Labrada e Sivela que se unen na Ponte de Pazos, e o de Ferreiroa. Forman vales abruptos e entre eles zonas de montes toxais, uceiras e xestas, con escaso arborado. Sobre o río Labrada ten as pontes de Meire, Pazos, Gondeboi, das Baionas e Ponte Pedrouzos.
Demografía
Festas Hai tres festas tradicionais. A finais de maio ou comezos de xuño celébrase o Corpus Christi, na que se celebran as primeiras comuñóns. A finais de setembro celébrase a festa do Anxo, con merendas campestres familiares. O 11 de novembro celébrase San Martiño, patrón da parroquia.
Arqueoloxía No seu territorio atópase o castro de Belesar.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Belesar
Parroquias de Vilalba
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilalba
Categoría:Parroquias de Vilalba Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Martiño de Tours