José Ramírez Vila, nado en San Salvador de Budiño (O Porriño) e finado en Fozara (Ponteareas) o 29 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Alcalde de barrio de Trapa na II República, foi detido en xuño de 1935 por desacato ao xuíz municipal do Porriño.El Pueblo Gallego, 20-6-1935, p. 16. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi paseado en Caneiro (Fozara, Ponteareas) o 29 de decembro de 1936 con Saturnino Vila Quiroga, Serafín Rodríguez, Manuel Pérez Vila e José Rodríguez Carrera.
Notas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Porriño Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos