Santalla de Román é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE, en 2024 tiña 353 habitantes (181 homes e 172 mulleres).
Xeografía Está localizada entre as estradas de Mondoñedo e Meira e crúzana a de Moscarán a Goiriz e a de Vilalba a Árbol.
Da mesma maneira que Goiriz, a parroquia está dividida en roldas, unha división creada polos veciños para a organización das festas. A repartición dos lugares nas roldas é o seguinte:
A Rolda da Abelaira: A Abelaira, Pedrouzo, Roidíaz e Romariz. A Rolda de Arriba: A Carboeira, Os Carrís, Cartemil, Fontemarín, A Fraguella, Leboreiro, Sande e Vilafurada. A Rolda de Seivane: Os Aneirós, Bouzamelle, A Casería, O Foxo e Seivane. A Rolda do Medio: Alfaiate, Locencia, Murazó, O Pazo, O Valiño e Xunto á Irexa.
Historia Na parroquia quedan varios vestixios da cultura castrexa, e tamén aparece mencionada nun documento do século X e noutro de 1286.
Patrimonio Os numerosos cruceiros que se atopan na parroquia dan boa conta da tradición do oficio de canteiro que dende o século XVII hai nestas terras.
Demografía
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Román
Parroquias de Vilalba
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilalba
Categoría:Parroquias de Vilalba Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santalla