Carmen Balboa López, nada en Malpica de Bergantiños en 1915 e finada na Coruña o 20 de abril de 1998, foi unha mestra galega.
Traxectoria miniatura|Prisión Provincial da Coruña. Irmá máis nova de Benjamín Balboa López. Foi mestra nacional. Vivía en Santiago de Compostela. Coñeceu a Manuel Ponte Pedreira en 1945 cando foi detido o seu irmán Jesús. Posto Jesús en liberdade condicional, e ante o temor a ser novamente detido, fuxiu ao monte. Para axudar ao seu irmán Carmen converteuse en enlace da guerrilla, creando con Isabel Ríos unha rede de apoios. Cando caeu María Pérez Mellid, a muller de Benigno Andrade García, o 13 de marzo de 1946, Carmen foi detida. Ingresou na Prisión Provincial da Coruña o 17 de abril de 1946 e foi procesada na causa 159/46 da Coruña contra María Pérez Mellid, Benigno Andrade, Manuel Ponte, Pedro Oso Guerra, Manuel Pena Camino, Francisco Rey Drox, José Vázquez Míguez, Teresa Lorenzo Gallas, e os seus irmmáns Jesús, Anselmo e José Balboa López. Pasou dous anos nas prisións da Coruña e País Vasco. O 25 de novembro de 1947 saíu en liberdade condicional,BOE, 3-2-1948, p. 511. e instalouse en Santiago, inhabilitada como mestra. Volveu exercer como mestra en Bamiro de 1961 a 1973 e despois no Colexio Labarta Pose de Baio de 1973 a 1980.
Vida persoal Casou con Roberto Veloso Gómez en 1962.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas La historia de una maestra de Baio, Carmen Balboa López
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes