Servando Cudeiro Prieto, finado en Montederramo en novembro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Pertencía á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Morreu no refuxio da Edreira por un disparo fortuíto do seu compañeiro Manuel Rodríguez González, mentres ambos estaban limpando as súas armas, en novembro de 1948. O cadáver foi soterrado polos seus compañeiros no lugar dos Preiriños da serra da Camba (Laza).

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Finados en 1948