Butrus QalausTamén Pierre Callaos, Boutros Callaos. (en , tr. "Butrus Qalawus"), nado en Alepo (Siria) o 30 de xuño de 1922 e finado o 16 de marzo de 1997, foi un eclesiástico católico maronita, arcebispo de Alepo dende 1990 até o seu pasamento. Traxectoria Naceu en Alepo o 30 de xuño de 1922. Foi ordenado sacerdote o 27 de marzo de 1948. O 9 de xuño de 1990 foi nomeado arcebispo de Alepo dos maronitas, recibindo a consagración episcopal de mans do patriarca de Antioquía e todo o Leste Nasrala Pedro Sufair o 12 de agosto. Finou no cargo o 16 de marzo de 1997.
Notas
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Nados en Alepo Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Arcebispos católicos de Siria Categoría:Arcebispos da Igrexa católica maronita Categoría:Finados en 1997