Suelo Empresarial del Atlántico S. L. (SEA) é unha sociedade limitada constituída no ano 2003 e participada nun 83,44 % polo Ministerio de Fomento de España a través da entidade estatal de solo SEPES, nun 14,26 % pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, nun 1,65 % por Abanca e un 0,65 % pola Xunta de Galicia. O seu obxectivo é o desenvolvemento e comercialización de parques empresariais en todo o territorio galego.

En xuño de 2013 foi aprobada a súa fusión con Suelo Industrial de Galicia S. A., sociedade participada na súa maioría tamén pola SEPES.

Parques e polígonos dependentes de SEA

Provincia da Coruña Ampliación do Polígono industrial da Tomada Parque empresarial de Cee Parque empresarial da Laracha Parque empresarial de Laxe Parque empresarial de Malpica Parque empresarial de Muros Parque empresarial de Rianxo Parque empresarial de San Pedro de Leixa Parque empresarial de Vimianzo

Provincia de Lugo Parque empresarial de Chantada Parque empresarial de Mondoñedo Parque empresarial de Monforte Parque empresarial de Rábade

Provincia de Pontevedra Parque empresarial de Catoira Parque empresarial da Estrada Parque empresarial da Guarda-Rosal Parque empresarial de Vilanova de Arousa I Parque empresarial de Vilanova de Arousa II

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de SEA S. L.

Categoría:Economía de Galicia