Federico Cocho de Juan, nado en Xinzo de Limia en 1958, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, cursou o Diploma de Estudos Avanzados en Socioloxía na Universidade da Coruña. Traballou en La Voz de Galicia e na reitoría da UDC e colabora como analista da actualidade na Radio Galega.

Obras O carnaval en Galicia, 1990. Cara a cara. Las elecciones de 1993, 1993 (con Luis Villamor). Guía práctica de Galicia, 1996. O entroido galego, 1998. Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, 2011.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais

Categoría:Xornalistas de Xinzo de Limia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes