Testament é unha banda estadounidense de heavy metal procedente de Berkeley (California). Formada en 1983 co nome Legacy, a día de hoxe o grupo está composto polo vocalista Chuck Billy, os guitarristas Eric Peterson e Alex Skolnick, o baixista Steve Di Giorgio e o batería Chris Dovas. Nos seus anos de carreira Testament tivo numerosos cambios na súa formación, e Peterson vén sendo o seu único membro constante. Billy substituíu o antigo cantante Steve Souza en 1986, antes da gravación do seu primeiro álbum de estudio, The Legacy, e foi membro da banda dende entón. Billy e Peterson son os únicos que aparecen en todos os álbums de Testament. A banda lanzou catorce álbums de estudio (un dos cales é unha colección de cancións regravadas), catro álbums en directo, cinco álbums recompilatorios, trece sinxelos e tres DVD. Estímase que venderon máis de 1,4 millóns de álbums nos Estados Unidos desde o comezo da era SoundScan, e máis de 14 millóns de copias en todo o mundo ata 2016.
Discografía Álbum Ano Selo The Legacy 1987 Atlantic, Megaforce The New Order 1988 Atlantic, Megaforce Practice What You Preach 1989 Atlantic, Megaforce Souls of Black 1990 Atlantic, Megaforce The Ritual 1992 Atlantic, Megaforce Low 1994 Atlantic, Megaforce, Burnt Offerings Demonic 1997 Burnt Offerings The Gathering 1999 Burnt Offerings, Spitfire The Formation of Damnation 2008 Nuclear Blast Dark Roots of Earth 2012 Nuclear Blast Brotherhood of the Snake 2016 Nuclear Blast Titans of Creation 2020 Nuclear BlastPara Bellum2025Nuclear Blast
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Berkeley Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais formados en 1983