miniatura| Francisco Vallés (Divino Vallés) médico persoal de Filipe II.

A expresión médico de cabeceira ou médico de familia fai referencia ao exercicio da medicina na atención primaria. É un profesional sanitario que exerce nun centro de saúde ou nun consultorio; sendo o médico máis próximo a unha determinada poboación e, en moitas ocasións, o único facultativo dispoñíbel para os seus habitantes. Segundo a WONCA, o médico xeral/de familia é o "médico que ofrece ós individuos e familias atención sanitaria persoal, primaria, continua e integral".Bentzen N (editor). An international glossary for general/family practice. Fam Pract. 1995; 12:341-69.

Valores e misión miniatura| Edward Jenner médico rural inglés descubridor da vacina contra as vexigas ou antivariólica. A actividade sanitaria busca alongar a vida, evitar o sufrimento e axudar a morrer con dignidade.Cassell EJ. The nature of suffering and the goals of medicine. N Engl J Med. 1982; 306:369-45.Hasting Center. Los fines de la Medicina. Barcelona: Fundación Víctor Grifols i Lucas; 2004.Feder G. A Fortunate Man: still the most important book about general practice ever written.

Valores xerais da atención clínica A dignidade no trato co paciente e os seus familiares A cortesía e empatía na entrevista clínica A calidade científica, técnica e humana O compromiso de seguimento da dor e do sufrimento O mantemento e a mellora de habilidades, coñecementos e actitudes dos profesionais O uso adecuado dos recursos. Con iso lógrase unha atención clínica efectiva que facilita unha política sanitaria de prestación de servizos segundo necesidades de pacientes e poboacións.

Notas

Categoría:Termos médicos