Petre KharischirashviliTamén Carisciarian, Caristchiarianti, Karishiaranti, Kharistchirashvili, Kharistshirashvili, Harisçiraşvili, Krischiaranti, Харисчирашвили. (en ), nado en 1804 ou 1805 e finado o 7 de outubro de 1890 en Istanbul, foi un relixioso católico xeorxiano, teólogo e figura pública, científico e fundador dos Servitas da Inmaculada Concepción en Istanbul.

Traxectoria Naceu en 1804 ou 1805 en Akhaltsikhe, segundo a maioría das fontes (segundo outras nacería en abril de 1818). Estudou na escola parroquial e posteriormente marchou a estudar no seminario en Alexándropol, e finalmente a Roma a cursar estudos superiores de Teoloxía. En 1842 volveu a Akhaltsikhe, foi ordenado, e foi nomeado axudante do arquimandrita Pavle Shahqulianis. A súa volta a Xeorxia significou tamén unha toma de conciencia e unha determinación por loitar para que os católicos xeorxianos podesen dar culto a Deus na súa lingua.No Imperio Ruso a liturxia bizantina xeorxiana estaba reservada aos ortodoxos, e os católicos só podían celebrar os ritos armenio (en lingua armenia) ou romano (en lingua latina).

Kharischirashvili cautivou aos seus fieis grazasá súa predicación elocuente. Malia obedecer a lei e celebrar en armenio, predicaba en xeorxiano. Traballou arreo por mellorar a situación do seu pobo, eximindo da dote ás mulleres con poucos recursos e ensinando a ler e escribir. A súa autoridade, porén, espertou receos entre os armenios. As tensións chegaron ao seu punto máis alto cando os armenios anunciaron a decisión de construír un seminario en Akhaltsikhe e Shahqulianis o apoiou, Kharischirashvili enfrontouse con el e, finalmente, Kharischirashvili foi enviado a Khizabavra, e de alí a Vale.

En 1856 marchou a Venecia, onde se uniu á Congregación Mequitarista e fundou unha imprenta xeorxiana. Traduciu tamén libros dende o armenio, o que lle reconciliou con dita comunidade. Grazas ao seu traballo, a Santa Sé lle permitiu fundar en Constantinopla unha nova congregación relixiosa xeorxiana o 7 de maio de 1859. Á súa chegada fundou a congregación dos Servitas da Inmaculada Concepción e comezou a celebrar a liturxia en xeorxiano. Comezou tamén un mosteiro feminino e unha escola católica; ao ano a escola tiña mais de 100 alumnos, moitos deles escravos xeorxianos recomprados polo propio Kharischirashvili, e outros que viñan dende Xeorxia. O seu traballo atraeu tamén a xeorxianos ortodoxos e musulmáns. Ademais do labor teolóxico, na escola tamén tiñan unha importante presenza a lingua, literatura e historia xeorxianas, e se introducía aos alumnos tamén ao latín e ao francés. Da escola foron alumnos, entre outros Mikheil Tamarashvili e Mikheil Tarkhnishvili. En 1870 fundou unha nova imprenta xeorxiana en Constantinopla, e moitos dos libros os distribuíu de xeito gratuíto entre a xente pobre. Puxo especial atención en que as edicións estiveran coidadas e fosen gramaticalmente correctas. Entre as obras publicadas destaca a publicación de poesía "ყვავილების კონა" (qvavilebis kona). A boa marcha da congregación fixo que se abrira unha nova casa e imprenta en Montauban (Francia) tamén nesa década.

Finou o 7 de outubro de 1890 en Istanbul (segundo Dalezio o 9). A súa lápida di:

Segundo esta lápida, naceu o 2 de maio de 1818 no canto de en 1804 ou 1805, que é a data que da Chichinadze. Pola súa banda, Dalezio achégase máis a esta data, xa que segundo o seu traballo naceu o 20 de abril de 1818.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Akhaltsikhe Categoría:Nados en 1804 Categoría:Finados en 1892 Categoría:Sacerdotes católicos de Xeorxia Categoría:Sacerdotes católicos de Turquía Categoría:Relixiosos católicos de Xeorxia Categoría:Mequitaristas Categoría:Servitas da Inmaculada Concepción Categoría:Sacerdotes católicos do século XIX Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica armenia