Os morioris son un pobo indíxena das illas Chatham (Rēkohu en lingua moriori, Wharekauri en lingua maorí), un arquipélago ó leste de Nova Zelandia, no océano Pacífico. Son un pobo que vive segundo un código de non violencia e resistencia pasiva (véxase Nunuku-whenua), o cal fixo que os invasores maorís taranaki case os exterminaran na década de 1830.
miniatura|280px|As illas Chatham dende o espazo. A illa Chatham é a meirande, a illa Pitt é a segunda máis grande, e a illa Sueste é a máis pequena, á dereita de Pitt.
Durante comezos do século XX, críase erroneamente que os morioris eran os habitantes pre-maorís de Nova Zelandia, lingüística e xeneticamente diferentes dos maorís, e posiblemente melanesios. Esta teoría, incorporada na hipótese de Percy Smith "Great Fleet", foi amplamente aceptada durante comezos do século XX. Porén, a hipótese non foi sempre aceptada.See 1904 paper by A. Shand on The Early History of the Morioris
A finais do século XX, a hipótese de que os morioris eran diferentes dos maorís foi desbotada polos arqueólogos, que consideraron que os morioris foron colonos maorís nas illas Chatham que chegaron no século XVI. A primeira hipótese foi desacreditada entre a década de 1960 e a de 1970.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Xenocidio moriori.
Bibliografía Dave Kopel, Paul Gallant & Joanne D. Eisen (2003). 'A Moriori Lesson: a brief history of pacifism'. National Review Online, 11 de abril de 2003.
Categoría:Grupos étnicos de Nova Zelandia Categoría:Illas Chatham