Os xeorxianos, tamén chamados kartvelianos (en , kartvelebi) son un grupo étnico que constitúe a maioría da poboación de Xeorxia. Tamén hai grandes comunidades de xeorxianos en Rusia, Turquía, Grecia, Irán, Ucraína, os Estados Unidos, e nalgúns países da Unión Europea.

Os xeorxianos proveñen dos antigos habitantes da Cólquida e do Reino de Iberia. Despois da cristianización de Iberia por San Nino, foron un dos primeiros pobos en aceptar a fe de Xesús a comezos do século IV, e no presente, a maioría dos xeorxianos son cristiáns ortodoxos e seguen á Igrexa ortodoxa xeorxiana. Tamén hai pequenas comunidades xeorxianas católicas e musulmás en Tbilisi e Adzaria, así como un significativo número de non relixiosos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Grupos étnicos de Europa

Categoría:Grupos étnicos de Xeorxia Categoría:Grupos étnicos de Irán Categoría:Grupos étnicos de Azerbaidján Categoría:Grupos étnicos de Europa Categoría:Grupos étnicos de Rusia Categoría:Grupos étnicos de Turquía