Os yolŋu son un grupo aborixe australiano que habita no nordeste da Terra de Arnhem, no Territorio do Norte de Australia. Yolŋu quere dicir "persoa" nas linguas yolŋu. O termo murngin foi empregado antigamente por algúns antropólogos para falar dos yolŋu.Roy Willis, Signifying Animals: Human Meaning in the Natural World (Psychology Press, 1994: ISBN 0415095557), p. 80.Richard B. Lee and Richard Heywood Daly, The Cambridge Encyclopedia of Hunters and Gatherers (Cambridge University Press, 1999: ISBN 052157109X), p. 367.

Lei yolŋu O complexo sistema legal dos yolŋu coñécese como Maḏayin. O Maḏayin inclúe toda a lei das persoas, os instrumentos e os obxectos, os ditados orais, nomes e cancións e outros aspectos da vida.

Historia Os yolŋu mantiñan boas relacións comerciais, durante centos de anos, cos pescadores da illa indonesia de Makassar. Algúns yolŋu viaxaron a Sulawesi con makassares e volveron, ou, mesmo chegaron até a China. Contacto cos europeos Os yolŋu entraron en contacto cos europeos antes da chegada dos británicos a Australia cos seus contactos cos comerciantes makassares dende probablemente o século XVI. O nome dos yolŋu para referirse ós europeos é balanda, que deriva de "Holanda".

Notas

Véxase tamén Outros artigos Peticións en cortiza de Yirrkala Lista dos pobos indíxenas de Australia

Categoría:Pobos indíxenas de Australia