San Xusto de Quindous é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 49 habitantes (26 homes e 23 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 53 habitantes. Segundo o IGE, no 2019 a súa poboación descendera ata os 43 habitantes, sendo 24 homes e 19 mulleres.
Demografía
Patrimonio histórico e artístico Nesta parroquia atópase o castelo de Quindous, que malia o nome, é un pazo montañés. Caracterízase polos dous torreóns cilíndricos que flanquean a porta principal. A actual igrexa parroquial foi antes a capela do pazo.
Festas As festividades teñen lugar o 9 de agosto.
Lugares e parroquias Lugares de Quindous
Parroquias de Cervantes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cervantes
Categoría:Parroquias de Cervantes Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xusto