A Copa Galicia 1964/65 foi unha competición de fútbol organizada pola Federación Galega de Fútbol na que participaron quince equipos galegos de Primeira, Segunda e Terceira División. O torneo foi disputado en forma de eliminatorias a dous partidos. Comezou en maio de 1965 e rematou en maio de 1966 xa que a final foi adiada en varias ocasións. Os equipos de primeira e segunda ficaron exentos ata os cuartos de final.

Os equipos participantes foron o Club Deportivo Arenteiro, o Coruxo Fútbol Club, o Club de Fútbol Calvo Sotelo, o Club Deportivo Lugo, o Alondras Club de Fútbol, a Agrupación Deportiva Couto, o Club Turista, o Club Lemos, o Arousa Sociedade Cultural, o Gran Peña Fútbol Club, o Real Club Deportivo da Coruña, o Real Club Celta de Vigo, o Club Deportivo Choco, o Pontevedra Club de Fútbol e o Club Deportivo Ourense. Proclamouse campión o Pontevedra despois de derrota-lo Deportivo na final.

Calendario Primeira rolda Equipo local idaResultadoEquipo visitante idaIdaVolta Calvo Sotelo 0 - 6 CD Lugo     0 - 1     0 - 5 Coruxo FC 2 - 0 Alondras     1 - 0     1 - 0 Arenteiro 1 - 2 Couto     1 - 0     0 - 2

Segunda rolda Equipo local idaResultadoEquipo visitante idaIdaVolta Turista 4 - 0 Arousa SC     3 - 0     1 - 0 Club Lemos 3 - 5 CD Lugo     1 - 2     2 - 3 Couto 1 - 3 Choco     1 - 1     0 - 2 Coruxo FC     3 - 3(1) Gran Peña     1 - 0     2 - 3 <div id="1">(1) Por causa de remata-la eliminatoria en empate, xogouse un partido de desempate que acabou 3-3, sendo preciso xogar un segundo desempate que finalizou 2-1 a favor do Coruxo.

Cuartos de final Equipo local idaResultadoEquipo visitante idaIdaVolta Choco  0 - 10 Deportivo da Coruña     0 - 1     0 - 9 CD Lugo 2 - 1 Celta de Vigo     2 - 0     0 - 1 Coruxo FC 3 - 6 Pontevedra CF     2 - 1     1 - 5 Turista 2 - 0 CD Ourense     2 - 0     0 - 0

Semifinais Equipo local idaResultadoEquipo visitante idaIdaVolta Turista 2 - 9 Pontevedra CF     1 - 4     1 - 5 CD Lugo 4 - 8 Deportivo da Coruña     2 - 6     2 - 2

Final

Notas

Categoría:Copa Galicia de fútbol Categoría:Fútbol en 1965