Non confundir con Red Hat Linux ou Fedora
Red Hat Enterprise Linux (RHEL) é unha distribución de Linux que crea Red Hat e que está deseñada para o mercado empresarial. A súa versión para servidores libérase para x86, x86-64, Itanium, PowerPC e IBM System z; e a de escritorio para x86 e x86-64. O nome desta distribución adóitase abreviar como RHEL mais non é o seu nome oficial. O soporte e a formación oficial que ofrece Red Hat, como o seu programa de certificación de Red Hat céntranse nesta plataforma, a RHEL.
A primeira versión de RHEL lanzouse ao mercado como "Red Hat Linux Advanced Server". No 2003 Red Hat cambióuselle o nome de "Red Hat Linux Advanced Server" a "Red Hat Enterprise Linux AS" e engadiulle as variantes "Red Hat Enterprise Linux ES" e "Red Hat Enterprise Linux WS".
A marca de Red Hat restrinxe a redistribución gratuíta das súas versións de Red Hat Enterprise Linux mais libera o código na súa totalidade. As derivadas de "Red Hat Enterprise Linux" desenvólvense retirando as compoñentes non libres como a imaxe de Red Hat. Un caso disto é CentOS, que se constrúe empregando RHEL e a mantén a súa propia comunidade. Outro é Oracle Linux, un fork de Oracle que non é totalmente compatible con RHEL.
Historial de versións
Notas
Véxase tamén Fedora, a distribución da comunidade Fedora. Red Hat Linux, a predecesora de RHLE. Ligazóns externas Red Hat: Red Hat Enterprise Linux
Categoría:Software libre Categoría:Distribucións de GNU/Linux