miniatura|Concienciación sobre o masculino xenérico na sinaléctica en Narón. O masculino xenérico é unha convención lingüística segundo a cal o masculino serve tanto para designar os individuos de sexo masculino como a toda especie sen distinción de sexos. É unha convención que se identifica na gramática da maioría das linguas europeas,Informe sobre el lenguaje no sexista en el parlamento europeo mais que tamén se estende a outros campos como a sinaléctica. Segundo o Parlamento Europeo, a utilización xenérica do masculino percíbese cada vez máis como unha discriminación contra as mulleres e evitar o seu uso vén incluído dentro das recomendacións para evitar a linguaxe sexista.

O sexismo e o masculino xenérico O masculino xenérico inclúese, segundo a Deputación da Coruña, dentro do sexismo na linguaxe e considerado dentro da discriminación sexual, mais desde a análise de que non é sexista a linguaxe, xa que dispón de masculinos, femininos e neutros. No entanto, serían as persoas as que lle darían un uso sexista á linguaxe ao empregar a forma masculina como xenérica.

Oposición á substitución do masculino xenérico Nalgunhas linguas nas que o masculino xenérico forma parte da súa gramática hai unha oposición á súa substitución argumentando que se vería comprometido o principio de economía da linguaxe, en que se fundamenta en razóns extralingüísticas e que é un mecanismo inclusivo e en linguas nas que houbo un acordo para un uso non sexista da linguaxe consideraron a dificultade da súa substitución. En Francia hai un movemento pola escrita inclusiva. En 2019 a Academia fracesa permitiu a feminización dos oficios.

O masculino xenérico na lingua galega O masculino xenérico non está estandarizado na lingua galega, aínda que está presente nos usos das/dos falantes. A gramática da lingua galega elaborada por Rosario Álvarez e Xosé Xove considera que hai casos en que xa é de norma usar o masculino e o feminino en plural para referirse a individuos dos dous sexos e que é unha tendencia social en extensión deixar de usar o masculino xenérico (denominado na gramática membro extensivo) en contextos referidos a persoas dos dous sexos. As distintas administracións publicaron guías de linguaxe non sexista nas que inclúen o masculino xenérico como parte do sexismo na linguaxe e programaron a aplicación Exeria para facilitar a súa substitución.

O Manual de estilo do Diario Oficial de Galicia considera que o uso do masculino como xénero non marcado contribúe a invisibilizar a presenza das mulleres e considera que os textos institucionais deben evitar os usos discriminatorios. A Xunta de Galicia fai recomendacións para a substitución do que considera un falso xenérico masculino para outros termos da lingua con valor xenérico real.

O masculino xenérico nos apelidos Os apelidos pertencentes á clase dos sobrenomes tiñan flexión de xénero. O Rexistro Civil fixou a forma masculina como denominación oficial.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguaxe non sexista Feminino xenérico

Ligazóns externas Aplicación Exeria Masculino genérico: O homem. Artigo de Celso Álvarez Cáccamo criticando o masculino xenérico

Categoría:Gramática Categoría:Xénero