Constantino Suárez Fernández, coñecido co pseudónimo de Españolito, nado en Avilés o 10 de setembro de 1890 e finado en Madrid o 4 de marzo de 1941, foi un escritor e xornalista asturiano.
Traxectoria Naceu en Avilés, fillo de Constantino Suárez Graíño e Visitación Fernández Graíño. Estudou o bacharelato en Oviedo e Xixón ata 1906, cando emigrou a Cuba. Despois de realizar diferentes traballos fundou unha librería e comezou a enviar crónicas e contos a xornais asturianos. Estes traballos foron publicados no Diario de Avilés e máis tarde comezou a colaborar con periódicos de Cuba como Diario Español, Diario de la Marina (ambos da Habana), La Correspondencia (Cienfuegos), Voz Astur (revista da Habana), El Faro del Emigrante e El Emigrante.
En 1921 regresou a España instalándose en Madrid pero mantivo a súa relación con Cuba enviando columnas aos periódicos cubanos. Colaborou nos periódicos madrileños Heraldo de Madrid, La Esfera, Nuevo Mundo, Por Esos Mundos e España y América. En 1923 en recoñecemento ao seu traballo outorgáronlle a Medalla ó mérito naval.
O 2 de xuño de 1924 casou en Avilés con Dolores Suárez, nesta época colaborou cos periódicos asturianos El Noroeste, La Prensa, Región e La Voz de Avilés.
En 1930 comezou a relacionarse con sectores republicanos. En 1931 foi nomeado interventor no Padroado de Misións Pedagóxicas, baixo a dirección de Luis Álvarez Santullano. Ao comezar a Guerra Civil foi agregado ao departamento de propaganda.
O 4 de marzo de 1941 faleceu en Madrid, sendo trasladado o seu corpo en 1952 ao panteón do Cemiterio Municipal de La Carriona de Avilés.
Obra miniatura|page=9|Rafael o la alegría de ser español, ilustrado por Máximo Ramos. Los flacos de la soberbia. ¡Emigrantes...! (1915) Oros son triunfos (1917) Doña Capricho (1919) Ideas (1919) recompilatorio das súas columnas. Vocabulario cubano (1919) Galicia calumniada (1923) La verdad desnuda (1924) Isabelina (1924) Sin testigos y a oscuras (1925) Rafael, o la alegría de ser español (1926), ilustrado por Máximo Ramos El hijo de trapo (1926) Una sombra de mujer (1927) E. Sánchez Calvo. Apuntaciones biográficas (1928) Cuentistas asturianos (1930) Un hombre de nuestro tiempo (1931) Flórez Estrada. El Hombre, el pensador, las obras. Edición preparada por Rafael Anes Álvarez (1992) Escritores y artistas asturianos (7 volumes, 1936-1959), a súa obra fundamental que ofrece unha completa referencia bio-bibliográfica da literatura de Asturias.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas https://españolito.es
Categoría:Nados en Avilés Categoría:Nados en 1890 Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Asturias Categoría:Finados en 1941 Categoría:Misiones Pedagógicas