Tomás Santoro Iglesias, nado en Vigo e finado na mesma cidade o 7 de novembro de 1972,Necrolóxica en ABC, 10-11-1972, p. 118. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Estudou no Colexio dos Xesuítas de Vigo. Na época da República pertencía á Asociación Católica Nacional de Propagandistas, participou como orador en actos da Unión Regional de Derechas e foi presidente das Juventudes de Acción Popular de Pontevedra en 1935El Pueblo Gallego, 2-7-1935, p. 14.. No franquismo foi notario do Porriño dende 1942 e presidente da xunta diocesana de Acción CatólicaEl Pueblo Gallego, 17-5-1958, p. 4.. En 1968 foi nomeado notario de VigoEl Pueblo Gallego, 26-5-1968, p. 14..

Vida persoal Casou con María Teresa García de la Parra González e foi pai de Tomás, María Teresa e Carlos Santoro García de la Parra.

Notas

Categoría:Avogados de Vigo Categoría:Notarios Categoría:Nados en Vigo

Categoría:Finados en 1972 Categoría:Nados en ano descoñecido