Adolfo Fojo Silva, nado en Caldas de Reis en 1867 e finado en Baión (Vilanova de Arousa) a finais de maio de 1933, foi un empresario e filántropo galego.

Traxectoria Renunciou a ordenarse como sacerdote e emigrou a Arxentina onde fixo fortuna, dedicándose a importación de teas, azafrán e especies de Oriente e a súa exportación a Europa. Polo cancro da súa muller viaxou por varios hospitais de Alemaña e Suíza, pero non logrou impedir a súa morte. Retornou a Galicia e casou con Bernardina Colmeiro Rey. A finais dos anos vinte comproulle a Juan Nepomuceno Ozores, fillo do conde de Priegue, a Granxa de Fontán (hoxe coñecida como Pazo Baión) en Vilanova de Arousa, onde puxo en marcha unha explotación agrícola e gandeira. Non obtivo bos resultados, resultando unha explotación deficitaria, pois o único que se vendía era o viño. Adolfo Fojo contribuíu na construción do Asilo de Caldas de Reis. Finou na súa propiedade O Fontan en Baión a finais de maio de 1933,Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedra, 1-6-1933, p. 22. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Esplendor y ocaso en O Fontán Fojo, el legado de un indiano

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1933