Afanasii Makurov (en ), nado como Aggei Feodorovich Makurov (en ) arredor de 1825 na aldea de Chudei (hoxe Ucraína) e finado o en Vyzhnytsia (Ucraína), foi un bispo da Igrexa ortodoxa do vello rito lipovana co título de "Arcebispo de Belaia Krynytsa e Metropolita de todos os cristiáns ordoxos do vello rito". Traxectoria Naceu arredor de 1825 na aldea de Chudei (entón parte de Austria-Hungría) nunha familia de vellos crentes. Até 1871 foi sacerdote na parroquia vello crente de Piscu (preto de Brăila, no Principado de Romanía). Logo de enviuvar, o 3 de xuño de 1871 foi elixido bispo de Brăila, recibindo a ordenación do metropolita Kiril Timofeev. Á morte deste, foi elixido metropolita de Belaia Krynytsa o 9 de maio de 1874.
En 1881 foi recibido polo emperador Francisco Xosé I de Austria, o que indicou o recoñecemento da xerarquía de Belaia Krynytsa polo goberno; en 1889, por iniciativa de Afanasii, foi aprobado un acordo co recoñecemento da Igrexa de Vello Rito nos territorios do Imperio.
Finou o , e está enterrado no cemiterio de Bila Krynytsia.
Notas
Categoría:Nados en 1825 Categoría:Nados na rexión de Chernivtsi Categoría:Bispos ortodoxos de Ucraína Categoría:Bispos ortodoxos de Romanía Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa do vello rito lipovana Categoría:Finados en 1905