O Gran Premio do Canadá de 2017 (oficialmente o 2017 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 11 de xuño de 2017 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Canadá. A carreira foi a sétima rolda da tempada , e o 54º Gran Premio do Canadá.

Informe Antecedentes

Fernando Alonso volveu a competir con McLaren, logo de perderse a rolda anterior en Mónaco para participar nas 500 Millas de Indianápolis de 2017.

O fornecedor de pneumáticos Pirelli levou os pneumáticos brandos, superbrandos e ultrabrnados dispoñibles para os equipos da carreira.

Práctica libre Lewis Hamilton no Mercedes foi o máis rápido na primeira práctica, fixando un tempo de 1.13:809. Foi seguido polo Ferrari de Sebastián Vettel e o seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas en segundo e terceiro lugar. O McLaren de Fernando Alonso continuou sufrindo problemas de confiabilidade volveu a romper e retirouse da sesión. Na segunda práctica o Ferrari de Kimi Räikkönen foi o máis rápido seguido por Hamilton e Vettel. A terceira e última práctica do sábado foi coroada por Vettel, con Raikkonen segundo e Hamilton terceiro. Vettel estableceu o tempo máis rápido das tres prácticas con 1.12:572.

Clasificación A Q1 terminou con Pascal Wehrlein estrelándo o seu Sauber na primeira curva logo de tocar o bordo da herba da pista. Os danos sufridos no accidente significaron comezar a carreira no carril de boxes.

Na Q3 Lewis Hamilton asegurou a pole position con 1:11.459, 0´330 segundos máis rápido que o Ferrari de Vettel en segundo lugar. O terceiro lugar na grella foi a Valtteri Bottas con Raikkonen e Verstappen cuarto e quinto.

Carreira Ao principio, Max Verstappen avanzou tres posicións para dirixirse á segunda curva xusto detrás de Hamilton, que estaba no liderado. Terceiro e cuarto eran Bottas e Vettel, este último sufriríu un lixeiro dano no alerón dianteiro polo contacto con Verstappen na segunda volta. Daniel Ricciardo moveuse á quinta posición logo de pasar a Kimi Räikkönen na primeira volta. Räikkönen acabaría 7º tras caer detrás do Force India e loitar con problemas de freos nas últimas voltas da carreira. Tamén na primeira volta, ocorreu un incidente causando a retirada de Carlos Sainz e Felipe Massa. Saíu o coche de seguridade para permitir aos comisarios despexar a pista. Na reanudación a á danada de Vettel rompeu parcialmente ao acelerar de novo á velocidade de carreira. Entrou en boxes na volta 5 para reparar o dano e caeu á 18º posición (última). Na volta 11, o Red Bull de Verstappen perdeu potencia eléctrica etivo que retirarse cando ía na segunda posición. A medida que a carreira continuaba, o canadense Lance Stroll traballou para conseguir chegar á novena posición, o que sería os seus primeiros puntos na F1. Na volta 66 o McLaren de Fernando Alonso sufriu un fallo de motor que lle impediu anotar os primeiros puntos do seu equipo na tempada. Hamilton terminou a carreira 20 segundos por diante do seu compañeiro Bottas con Ricciardo en terceiro lugar. Sebastian Vettel superou a Sergio Pérez na penúltima volta para terminar na cuarta posición detrás de Ricciardo. Anteriormente Pérez ignorara as peticións do seu equipo para permitir que o seu compañeiro de equipo máis rápido (Esteban Ocon) pasase para desafiar a Ricciardo para o último lugar do podio.

Clasificación Cualificación Pos.NºPilotoConstrutorTempos cualificaciónGrellafinalQ1Q2Q31 44 Lewis HamiltonMercedes 1:12.6921:12.4961:11.45912 5 Sebastian VettelFerrari1:13.0461:12.7491:11.78923 77 Valtteri BottasMercedes1:12.6851:12.5631:12.17734 7 Kimi RäikkönenFerrari1:13.5481:12.5801:12.25245 33 Max Verstappen1:13.1771:12.7511:12.40356 3 Daniel RicciardoRed Bull Racing-TAG Heuer1:13.5431:12.8101:12.55767 19 Felipe MassaWilliams-Mercedes1:13.4351:13.0121:12.85878 11 Sergio PérezForce India-Mercedes1:13.4701:13.2621:13.01889 31 Esteban OconForce India-Mercedes 1:13.5201:13.3201:13.135910 27 Nico HülkenbergRenault1:13.8041:13.4061:13.2711011 26 Daniil KvyatToro Rosso1:13.8021:13.6901112 14 Fernando AlonsoMcLaren-Honda1:13.6691:13.6931213 55 Carlos SainzToro Rosso1:14.0511:13.7561314 8 Romain GrosjeanHaas-Ferrari1:13.7801:13.8391415 30 Jolyon PalmerRenault1:13.9901:14.2931516 2McLaren-Honda1:14.1821617 18 Lance StrollWilliams-Mercedes 1:14.2091718 20 Kevin MagnussenHaas-Ferrari1:14.3181819 9 Marcus EricssonSauber-Ferrari1:14.4951920 94 Pascal WehrleinSauber-Ferrari1:14.810PLPascal Wehrlein penalizou cinco posicións na grella por un cambio non programado da caixa de cambios e tivo que sair do pit lane para cambiar a unha nova especificación da montaxe do á posterior. 107% tempo límite: 1:17.772 Fonte:

750px|Gralla de cualificación

Carreira Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 44 Lewis HamiltonMercedes701:33:05.1541252 77 Valtteri BottasMercedes70 +19.7833183 3 Daniel RicciardoRed Bull Racing-TAG Heuer70 +35.2976154 5 Sebastian VettelFerrari70 +35.9072125 11 Sergio PérezForce India-Mercedes70 +40.4768106 31 Esteban OconForce India-Mercedes70 +40.716987 7 Kimi RäikkönenFerrari70 +58.632468 27 Nico HülkenbergRenault70 +1:00.3741049 18 Lance StrollWilliams-Mercedes69 +1 volta17210 8 Romain GrosjeanHaas-Ferrari69 +1 volta14111 30 Jolyon PalmerRenault69 +1 volta1512 20 Kevin MagnussenHaas-Ferrari69 +1 volta1813 9 Marcus EricssonSauber-Ferrari69 +1 volta1914 2McLaren-Honda69 +1 voltas1615 94 Pascal WehrleinSauber-Ferrari68 +2 voltasPL16† Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira. 14 Fernando AlonsoMcLaren-Honda66Unidade de potencia12Ret 26 Daniil KvyatToro Rosso54Unidade de potencia11Ret 33 Max VerstappenRed Bull Racing-TAG Heuer10Eléctrico5Ret 19 Felipe MassaWilliams-Mercedes0Colisión7Ret 55 Carlos SainzToro Rosso0Colisión13Fonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos.PilotoPuntos 10px1 Sebastian Vettel141 10px2 Lewis Hamilton129 10px3 Valtteri Bottas93 10px4 Kimi Räikkönen73 10px5 Daniel Ricciardo67

Clasificación do campionato de construtores Pos.ConstrutorPuntos 10px 11 Mercedes222 10px 12 Ferrari214 10px3112 10px4 Force India-Mercedes71 10px5 Toro Rosso29

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Canadá Categoría:Gran Premio do Canadá de Fórmula 1