O Festival da Canción de Turkvisión (en turco Türkvizyon Şarkı Yarışmaisı) é un concurso televisivo de carácter anual no que participan países e rexións dos pobos turcos ou con minorías turcas, tendo similares características que o Festival da Canción de Eurovisión. Foi creado en 2009 pola cadea de televisión pública turca TRT co fin de promover a cultura turca. Tras un parón en 2012, o festival foi relanzado en 2013 tras suspender a súa participación Turquía ao citado concurso europeo por discrepancias co sistema de votación e os privilexios do Big 5.
Países participantes miniatura|250px|Países e rexións participantes dende 2013: Para participar no Festival Türkvizyon da Canción son elixibles artistas de países e rexións de lingua turca e etnia turca, como Crimea, Carachai-Circasia e Turquía. En 2013 foron vinte e catro países e rexións os que participaron na primeira edición de Türkvizyon.
Orixinalmente a República dos Chuvaxos, Turkmenistán e Xinjiang foran incluídos na lista de participantes da primeira edición, mais por razóns descoñecidas retiráronse do festival; porén, Turkmenistán participou do festival en 2014.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da TRT, .
Categoría:Festivais de música