Mayra García Bermúdez, nada o 27 de maio de 1988, é unha política galega.

Traxectoria Está Diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi elixida alcaldesa de Trabada con maioría absoluta nas eleccións municipais de 2015 liderando a candidatura do PSdeG-PSOE, o que a converteu na alcaldesa máis nova de Galicia.

No mesmo mandato, entrou a formar parte da Deputación Provincial de Lugo como deputada de Economía, logo de ser elixida deputada como representante do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Mondoñedo. Reeditou a maioría absoluta nos comicios de 2019 e volveu ser elixida alcaldesa, así como Deputada Provincial e encargada da área de Economía. Nas eleccións municipais de 2023 volveu ser elixida como alcaldesa. No 2024 dimitiu como alcaldesa para se presentar como número 3 na lista do seu partido pola provincia de Lugo nas eleccións ao Parlamento de Galicia. O seu sucesor, Rubén García Freije, tomou posesión da alcaldía o 18 de xaneiro de 2024.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Trabada

Ligazóns externas Ficha na páxina da Deputación de Lugo

Categoría:Alcaldes de Trabada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1988

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE