Nicholas Patrick Hayden, coñecido como Nicky Hayden, alcumado O Neno de Kentucky, nado o 30 de xullo de 1981 en Owensboro, Kentucky, e finado o 22 de maio de 2017 na localidade italiana de Cesena, foi un piloto norteamericano que participou no campionato do mundo de superbikes (SBK) e anteriormente no de MotoGP, onde foi o campión en 2006. Levaba sembre o dorsal número 69.González, Elvira. "Nicky Hayden, el último rey americano". En El Mundo Deportivo. 22 de maio de 2017. (En castelán)

Traxectoria

Comezos nos Estados Unidos Nado nunha familia apaixonada polas motos, Nicky Hayden percorreu durante toda a súa infancia os Estados Unidos na autocaravana familiar, alternando a escola durante a semana coas carreiras nas fins de semana.

A carreira deportiva de Hayden comezou aos seus catro anos, en carreiras de velocidade sobre superficie de terra coñecidas como flat-track, e xa con once anos disputou a súa primeira carreira sobre pista, montado nunha unha minimoto. 

En 1998, Nicky Hayden fixo o seu debut sobre circuíto no Campionato Norteamericano cunha Honda. Con este construtor continuou a súa aprendizaxe ata dar o paso, a partir de 2000, ao Campionato Norteamericano de Superbikes, no que acadou na duodécema posición e, no ano seguinte, a terceira. En total, logrou a vitoria en 17 de carreiras e fíxose co título na edición de 2002."Nicky Haydn " en www.motocycle-usa.com. (En inglés)

MotoGP En 2003, Nicky Hayden logrou a súa pasaxe para a MotoGP, onde comezou como compañeiro de equipo de Valentino Rossi, no equipo oficial Honda. A partir da súa primeira tempada completa, terminou o quinto no campionato, e subiu por primeira vez ao podio no Gran Premio do Pacífico, grazas a un terceiro posto, seguido por un novo terceiro posto en Australia.

Malia ser unha relación con altibaixos, Nicky Hayden botou moito tempo con Honda, con quen acadou a súa primeira vitoria en MotoGP en 2005, tempada na que acabou o campionato no terceiro lugar.

Nicky Hayden comezou perfectamente a tempada 2006. Tres podios nas tres primeiras carreiras e dúas vitorias (Laguna Seca e Assen) levárono a encabezar o campionato. No penúltimo gran premio da tempada, en Estoril, foi alcanzado polo seu compañeiro de equipo Dani Pedrosa, o que na práctica o privou das súas posibilidades de ser coroado campión do mundo. Malia isto, Hayden acabou terceiro en Valencia, mentres o seu adversario, Valentino Rossi, caeu: o norteamericano puxo fin, así, ao reinado de Rossi, que resultou batido por primeira vez en MotoGP.

A situación cambiou en 2007, cando se modificou a cilindrada de MotoGP. Nicky Hayden disputou novamente o título na nova Honda RC212V de 800 cm3, como piloto oficial da marca xunto con Pedrosa. Esta nova máquina presentou moitos problemas (un cadro demasiado flexible e unha escasa velocidade punta), e a súa falta de rendemento, xunto cos problemas cos pneumáticos Michelin, levaron a Hayden a acabar oitavo esa tempada e sexto en 2008.

O 15 de setembro de 2008"Hayden rejoint Ducati pour la saison 2009 ". En Motogp.com (En francés), anunciouse que o piloto norteamericano deixaba o equipo Honda para ingresar en Ducati a partir da tempada 2009, onde tería como compañeiro de equipo o campión do mundo de MotoGP de 2007 Casey Stoner durante dous anos. Na súa estrea coa marca quedou no posto décimo terceiro e subiu unha vez ao podio, e en 2010 acadou o sétimo posto, tamén cun único podio.

Malia as dificultades deses últimos anos, asinou un novo contrato"Ducati: Hayden prolonge deux ans ". En www.sport365.fr. 10 de xullo de 2011. (En francés), que mantivo a unión de Nicky Hayden con Ducati durante as tempadas 2011 e 2012, esta vez retomando como compañeiro a Valentino Rossi. Finalmente, esas dúas novas tempadas resultaron difíciles para ambos os pilotos. Hayden acabou oitavo en 2011 e noveno en 2012.

Ante a falta de competitividade de Ducati, Valentino Rossi asinou un contrato de dous anos (2013-2014) para volver co fabricante xaponés Yamaha, o que lle deixou o posto de piloto principal a Nicky Hayden, ao lado do seu novo compañeiro, Andrea Dovizioso."Moto GP - Ducati: Pourquoi Andrea Dovizioso va tenter le coup ". En www.moto.caradisiac.com. (En francés)

En 2016, participou no Campionato do Mundo de Superbikes no equipo Ten Kate. Tras a lesión de Jack Miller, retornou á MotoGP só para unha carreira, en Aragón, o 25 de setembro."MotoGP - Aragon 2016 : Nicky Hayden remplace Jack Miller". En www.automoto.fr. (En francés)

Accidente e morte O 17 de maio de 2017 foi vítima dun grave accidente de bicicleta, no nordeste de Italia, cando o condutor dun coche bateu contra el mentres adestraba na estrada entre Tavoleto e Riccione, no sur de Rimini, no que resultou gravemente ferido"O piloto de MotoGP Nicky Hayden ferido grave despois de ser atropelado por un vehículo cando ía en bicicleta". Nova na Televisión de Galicia. 18 de maio de 2017.. Faleceu o 22 de maio como resultado das lesións"Morreu o piloto Nicky Hayden, cinco días despois de ser atropelado coa súa bicicleta por un turismo". Nova na Televisión de Galicia. 23 de maio de 2017.. miniatura|Nicky Hayden no Gran Premio de Francia 2009 en Le Mans.

Palmarés 17 vitorias e outros 13 podios no Campionato Norteamericano de Superbikes. Campión do Campionato Norteamericano de Superbikes 2002. 13 tempadas en MotoGP. 199 grandes premios en MotoGP. 3 vitorias en MotoGP. 28 podios. 5 pole positions. 7 voltas rápidas.  1.681 puntos conseguidos. Campión do mundo de MotoGP en 2006.

Estatísticas da súa carreira

Por tempadas

TempadaCategoríaMotoCarreirasVitoirasPodiosPolesVoltas rápidasPuntosPosiciónCampionato 2003 MotoGP  Honda RC211V 16 0 2 0 0 130 5º - 2004 MotoGP  Honda RC211V 15 0 2 0 0 117 8º - 2005 MotoGP  Honda RC211V 17 1 6 3 2 206 3º - 2006 MotoGP  Honda RC211V 17 2 10 1 2 252 1º 1 2007 MotoGP  Honda RC212V 18 0 3 1 1 127 8º - 2008 MotoGP  Honda RC212V 17 0 2 0 1 155 6º - 2009 MotoGP  Ducati GP9 17 0 1 0 0 104 13º - 2010 MotoGP  Ducati GP10 18 0 1 0 0 163 7º - 2011 MotoGP  Ducati GP11 17 0 1 0 1 132 8º - 2012 MotoGP  Ducati GP12 16 0 0 0 0 122 9º - 2013 MotoGP  Ducati GP13 18 0 0 0 0 126 9º - 2014 MotoGP  Honda RCV1000R 13 0 0 0 0 47 16º - 2015 MotoGP  Honda RC213V-RS 18 0 0 0 0 16 20º - Total 216 3 28 5 7 1697 1

Por categoría

CategoríaAno1º GP1º podio1ª vitoriaCarreirasVitoriasPodiosPolesVoltas rápidasPuntosTítulos MotoGP 2003-  XAP 2003  PAC 2003 EUA 2005 216 3 28 5 7 1.697 1Total 2003- 216 3 28 5 7 1697 1

Carreiras por ano Ano Categoría Moto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos Pts 2003 MotoGP Honda XPN 7 RSA 7 ESP Ret FRA 12 ITA 12 CAT 9 PBA 11 GBR 8 ALE 5 CHE 6 POR 9 BRA 5 PAC 3 MAL 4 AUS 3 VAL Ret 5º 130 2004 MotoGP Honda RSA 5 ESP 5 FRA 11 ITA Ret CAT Ret PBA 5 BRA 3 GER 3 GBR 4 CHE Ret POR Lesión XPN Ret QAT 5 MAL 4 AUS 6 VAL Ret 8º 117 2005 MotoGP Honda ESP Ret POR 7 CHN 9 FRA 6 ITA 6 CAT 5 PBA 4 EUA 1 GBR Ret ALE 3 CHE 5 XPN 7 MAL 4 QAT 3 AUS 2 TUR 3 VAL 2 3º 206 2006 MotoGP Honda ESP 3 QAT 2 TUR 3 CHN 2 FRA 5 ITA 3 CAT 2  PBA 1 GBR 7 ALE 3 EUA 1 CHE 9 MAL 4 AUS 5 XPN 5 POR Ret VAL 3 1º 252 2007 MotoGP Honda QAT 8 ESP 7 TUR 7 CHN 12 FRA Ret ITA 10 CAT 11 GBR 17 PBA 3 ALE 3 EUA Ret CHE 3 RSM 13 POR 4 XPN 9 AUS Ret MAL 9 VAL 8 8º 127 2008 MotoGP Honda QAT 10 ESP 4 POR Ret CHN 6 FRA 8 ITA 13 CAT 8 GBR 7 PBA 4 ALE 13 EUA 5 CHE Lesión RSM DNSIND 2 XPN 5 AUS 3 MAL 4 VAL 5 6º 155 2009 MotoGP Ducati QAT 12 XPN Ret ESP 15 FRA 12 ITA 12 CAT 10 PBA 8 USA 5 ALE 8 GBR 15 CHE 6 IND 3 SMR Ret POR 8 AUS 15 MAL 5 VAL 5 13º 104 2010 MotoGP Ducati QAT 4 ESP 4 FRA 4 ITA Ret GBR 4 PBA 7 CAT 8 ALE 7 EUA 5 CHE 6 IND 6 SMR Ret ARA 3 XPN 12 MAL 6 AUS 4 POR 5 VAL Ret 7º 163 2011 MotoGP Ducati QAT 9 ESP 3 POR 9 FRA 7 CAT 8 GBR 4 PBA 5 ITA 10 ALE 8 EUA 7 CHE 7 IND 14 SMR Ret ARA 7 XPN 7 AUS 7 MAL C VAL Ret 8º 132 2012 MotoGP Ducati QAT 6 ESP 8 POR 11 FRA 6 CAT 9 GBR 7 PBA 6 ALE 10 ITA 7 EUA 6 SMR 7 ARA Ret XPN 8 MAL 4 AUS 8 VAL Ret 9º 122 2013 MotoGP Ducati QAT 8 AME 9 ESP 7 FRA 5 ITA 6 CAT Ab PBA 11 ALE 9 EUA 8 IND 9 CHE 8 GBR 8 RSM 9 ARA 9 MAL Ab AUS 7 XPN 9 VAL 8 9º 126 2014 MotoGP Honda QAT 8 AME 11 ARX 11 ESP 11 FRA Ab ITA DNS CAT 12 PBA 17 ALE 14 IND - CHE - GBR - RSM - ARA 9 XAP 14 AUS 10 MAL Ab VAL 13 16º 47 2015 MotoGP Honda QAT 17 AME 13 ARX 16 ESP 17 FRA 11 ITA Ab. CAT Ab. PBA 16 ALE 16 IND 16 CHE 17 GBR 12 RSM 17 ARA 15 XAP 13 AUS Ab. MAL 16 VAL 17 20º 16

Vitorias en MotoGP AnoLugar do gran remioCircuítoCidade 2005 Gran Premio de Motociclismo dos Estados Unidos Laguna Seca Monterey 2006 Gran Premio de Motociclismo dos Países Baixos TT Circuíto Assen Assen   Gran Premio de Motociclismo dos Estados Unidos Laguna Seca Monterey

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas P áxina web oficial de Nicky Hayden. (En inglés) Ficha de Nicky Hayden en Motogp.com . (En inglés) Ficha de Nicky Hayden en WorldSBK.com . (En inglés)

Categoría:Campións do mundo de MotoGP Categoría:Pilotos de MotoGP Categoría:Nados en Kentucky Categoría:Nados en 1981 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Pilotos de motociclismo dos Estados Unidos de América