Welcome to the Monkey House é o cuarto álbum da banda estadounidense de rock alternativo The Dandy Warhols, publicado o 5 de maio de 2003 a través do selo Capitol Records. O disco gravouse entre setembro e decembro de 2002.
Orixinalmente foi mesturado polo enxeñeiro de música soul e gañador dun Grammy Russell Elevado, pero Capitol Records non quedou contento co resultado, publicando unha mestura máis puída e influenciada polo synthpop de Nick Rhodes, de Duran Duran. A mestura orixinal do traballo editouse posteriormente como The Dandy Warhols Are Sound en 2009. O seu sinxelo principal, "We Used to Be Friends", foi o tema de apertura da serie Veronica Mars e da súa adaptación ao cine.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de The Dandy Warhols Categoría:Álbums musicais de 2003 Categoría:Álbums producidos por Tony Visconti Categoría:Álbums de Capitol Records